Como parte práctica da formación atenderanse reparacións para mellorar o Paseo do Louro e Muiños municipais
Inclúe tamén a especialidade de atención sociosanitaria, debido a alta demanda de postos de emprego neste sector
O Concello de Mos, a través dunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, ven de recibir unha axuda de 376.946 € para a posta en marcha do Obradoiro dual de Emprego “SOMOS MOS”.
Este Obradoiro vai a permitir que 20 mosenses poidan formarse nas especialidades de Atención sociosanitaria a persoas no seu domicilio e albanelería, durante 9 meses.
A través da especialidade de albanelaría vanse realizar actuacións no Paseo do Río Louro, que consistirán na reparación dos bordos do paseo e a consolidación de soleiras existentes, reparación de cimentacións de mobiliario urbano, así como reparacións de muros.
Actuarase tamén no Muiño do Cubo, onde se van a realizar obras de delimitación da parcela, limpeza das paredes do Muiño e consolidación destas e da canle, realizadas en mampostería de pedra do país e obras de rehabilitación necesarias para a restauración e conservación do Muiño.
A especialidade de atención sociosanitaria, está enfocada a poder cubrir con persoal cualificado a alta demanda de postos de emprego neste sector. Este Obradoiro conseguirá que a súa cualificación non sexa só teórica, senón que os alumnos poderán poñer en practica os seus coñecementos adquiridos con exemplos diarios de atención. É necesario realizar unha substitución xeracional entre os actuais traballadores e que mellor forma que aprender da experiencia deles. Ademais existe un crecemento na demanda destes servizos debido ao envellecemento da poboación e ao crecemento da esperanza de vida. Aquelas persoas que teñen interese en poder solicitar a participación no Obradoiro de Emprego “Somos Mos”, poden solicitalo a través da oficina virtual do SPEG (https://emprego.xunta.gal/portal/es/) ou acudindo as instalacións da Axencia de colocación do Concello de Mos (sita na Avda. de Peinador nº 39 / Tlf. 986 487 786).