Sthela Táboas 14/09/2021

Como parte práctica da formación atenderanse reparacións para mellorar o Paseo do Louro e Muiños municipais

Inclúe tamén  a especialidade de atención sociosanitaria, debido  a alta demanda de postos de emprego neste sector

O Concello de Mos, a través dunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, ven de recibir unha axuda de 376.946 € para a posta en marcha do  Obradoiro dual de Emprego “SOMOS MOS”.

Este Obradoiro vai a permitir que 20 mosenses poidan formarse nas especialidades de Atención sociosanitaria a persoas no seu domicilio e albanelería, durante 9 meses.

A través da especialidade de albanelaría vanse realizar actuacións no Paseo do Río Louro, que consistirán na reparación dos bordos do paseo e a consolidación de soleiras existentes, reparación de cimentacións de mobiliario urbano, así como reparacións de muros.

Actuarase tamén no Muiño do Cubo, onde se van a realizar obras de delimitación da parcela, limpeza das paredes do Muiño e consolidación destas e da canle, realizadas en mampostería de pedra do país e obras de rehabilitación necesarias para a restauración e conservación do Muiño.

A especialidade de atención sociosanitaria, está enfocada a poder cubrir con persoal cualificado a alta demanda de postos de emprego neste sector. Este Obradoiro conseguirá que a súa cualificación non sexa só teórica, senón que os alumnos poderán poñer en practica os seus coñecementos adquiridos con exemplos diarios de atención. É necesario realizar unha substitución  xeracional entre os actuais traballadores e que mellor forma que aprender da experiencia deles. Ademais existe un crecemento na demanda destes servizos debido ao envellecemento da poboación e ao crecemento da esperanza de vida. Aquelas persoas que teñen interese en poder solicitar a participación no Obradoiro de Emprego “Somos Mos”, poden solicitalo a través da oficina virtual do SPEG  (https://emprego.xunta.gal/portal/es/) ou acudindo as instalacións da Axencia de colocación do Concello de Mos (sita na Avda. de Peinador nº 39 / Tlf. 986 487 786).

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad