Tamén proseguen as xornadas gastronómicas sefardís dedicas ao bacallau
Visitas guiadas, xornadas gastronómicas, un xogo e a proxección dun filme forman parte do programa das Xornadas Europeas da Cultura Xudía que esta fin de semana prosegue na Eurocidade Tui-Valença. O obxectivo desta iniciativa é a difusión e promoción do patrimonio vinculado á presenza de comunidades xudías e criptoxudías en ambas localidades.
En Tui esta fin de semana están previstas catro visitas guiadas. Baixo o título “Diálogos co patrimonio xudeu” mañá sábado terá lugar a visita “Vivir, orar e morrer dos xudeus en Tui” e o domingo “Francisco Sánchez e os criptoxudeus en Tui”. En ambos casos os percorridos precisan inscrición previa en turismo@tui.gal, e sairá ás 12 h dende a oficina de Turismo na praza de San Fernando.
Amais tanto mañá sábado coma o domingo ás 19 h co título Diálogos coa colección de Sambenitos do Museo Diocesano, realizarase unha visita guiada aos Sambenitos para a que tamén é preciso inscrición previa en turismo@tui.gal.
Mentres en Valença, na Oficina de Turismo, proxectarase o documental “Arístides de Sousa Mendes – O Cônsul de Bordéus”. O aforo é limitado polo que é preciso reserva previa en eurocidadetuivalenca@gmail.com. Amais pódense realizar visitas libras ao patrimonio xudeu valenciano recollendo na propia Oficina de Turismo o folleto informativo.
Cómpre lembrar que continúan amais as Xornadas Gastronómicas Sefardís nas que vinte un restaurantes de Tui ofrecen bacallau en diferentes preparacións.
Tamén prosegue o xogo “Busca a chave do diálogo”. Aqueles que desexen participar terán que percorrer tres puntos da xudaría tudense, a Sinagoga – Porta da Pía, o Convento das Clarisas e a rúa Entrefornos onde haberá que visualizar un vídeo, escribir un párrafor dunha historia en cadea ou decidir que tipo de diálogo abrirá. Completadas as probas na Oficina de Turismo pódese recoller a chave.
Dende o ano 2019 Tui forma parte da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad, integrada por 21 cidades españolas que traballan conxuntamente na promoción do seu patrimonio cultural. A presenza de Tui nesta rede cooperativa posiciona á cidade no ámbito cultural e turístico.
A celebración anual en toda Europa, no mes de setembro, destas Xornadas Europeas da Cultura Xudía é unha oportunidade para a difusión deste legado patrimonial. Este ano o lema é “Diálogo” e propón difundir e promover narrativas positivas que resalten a contribución do xudeus europeos a unha Europa máis plural e integradora.
Con esta temática as cidades de Tui e Valença, elaboraron o programa de actividades de realizar neste mes dando continuidade ao iniciado o ano pasado, e que abre unha nova vía de cooperación entre ambos municipios, promovendo tamén un achegamento á colaboración iniciada coa Rede de Judarías de Portugal.
O concelleiro de Patrimonio, Turismo e Camiño de Santiago, Laureno Alonso Alvarez, destaca que a celebración destas xornadas é una excelente oportunidade para achegarse ata Tui e Valença e coñecer os seus recursos patrimoniais e gastronómicos, ao tempo que para os tudenses é unha ocasión para afondar no coñecemento da nosa historia e patrimonio.
Programa Xornadas Europeas da Cultura Xudía
Valença: Sábado 11 – domingo 12 de setembro
- Exhibición do filme “Aristides de Sousa Mendes – O Cônsul de Bordéus” (9h00 – 11h30 | 14h30-16h00)
- Loja de Turismo de Valença. Entrada gratuíta mediante reserva previa en eurocidadetuivalenca@gmail.com. Lugares limitados
- Visitas libres ao patrimonio xudío de Valença
- Inicio na Loja de Turismo de Valença para a recollida da información da ruta “Património Judaico de Valença”
Tui: Sábado 11 de setembro
- Ás 12 h Diálogos co patrimonio xudeu: “Vivir, orar e morrer dos xudeus en Tui” (Visita guiada con inscrición previa)
- Inicio na Oficina de Turismo de Tui -Praza de San Fernando. Inscrición previa en turismo@tui.gal
- Ás 19 h Diálogos coa colección de Sambenitos do Museo Diocesano(Visita guiada con inscrición previa)
- Inicio no Museo Diocesano. Inscrición previa en turismo@tui.gal
Tui: Domingo 12 de setembro
- Ás 12 h Diálogos co patrimonio xudeu: “Francisco Sánchez e os criptoxudeus en Tui” (Visita guiada con inscrición previa)
- Inicio na Oficina de Turismo de Tui -Praza de San Fernando. Inscrición previa en turismo@tui.gal
- Ás 19 h Diálogos coa colección de Sambenitos do Museo Diocesano (Visita guiada con inscrición previa)
- Inicio no Museo Diocesano. Inscrición previa en turismo@tui.gal
Xornadas Gastronómicas Sefardís: Bacallau
Restaurantes participantes en Tui
- Alboio: bacallau en empanada,
- Asador Paulo: bacallau á brasa e bacallau á xuliña
- Cruceiro do Monte: á portuguesa.
- El Molino: á portuguesa e tamén empanada,
- Epoca: bacallau á prancha e ao estilo época
- Happy Restaurant: lascas de bacallau, empanada,
- Ideas peregrinas: tosta con bacallau,
- Jaqueyvi: á brasa,
- La de José Luís: á brasa,
- La de Manu: bacallau
- Monte Aloia: empanada de bacallau e bacallau á brasa e ao forno,
- O Novo Cabalo Furado: á prancha, á galega, ó forno, boliños e tamén empanada,
- O Vello Cabalo Furado: á portuguesa, empanada e boliños,
- Parador de Tui: bacallau con broa
- Pirsin: empanadillas e empanadas de bacallau
- Pote: ensalada de bacallau e á galega,
- Puro sabor: ó forno e empanada
- Santiamén: asado con cebola,
- Tapas e viños: ensalada con bacallau,
- Vionkas Bake: empanadilla de bacallau