Mónica Romero 10/09/2021

O proxecto IniciaTic impartirá seis cursos sobre transformación dixital e emprendemento para persoas emprendedoras, autónomas e PEMES en colaboración co Concello de Tui. A inscrición, gratuíta, está aberta até o próximo martes 14 de setembro

Os martes, mércores e xoves, do 21 e o 30 de setembro, de 15 a 16.30 h, terán lugar seis cursos en liña e gratuítos sobre en transformación dixital e emprendemento dirixidos a persoas emprendedoras, autónomas e PEMES. Forman parte do proxecto IniciaTic desenvolvido entre a Fundación Cibervoluntarios e o Ministerio de Traballo e Economía Social, contando neste caso coa colaboración do Concello de Tui.

O calendario previsto é o seguinte: martes 21 “Administración electrónica”, mércores 22 “Comercio electrónico”, o xoves 23 “Ferramentas de comunicación e xestión”, martes 28 “Marketing Dixital”, mércores 29 “Ciberseguridade” e xoves 30 “Big Data”. Ao remate non expedirán certificado de asistencia.

A inscrición debe realizarse até o martes, 14 de setembro, enviando un correo a cfo@tui.gal co nome, apelidos e teléfono de contacto. Pódese realizar a inscrición de xeito individual para cada unha das accións formativas previstas ou para a totalidade.

Pódese ampliar esta información no teléfono 986 60 39 49.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad