Sthela Táboas 08/09/2021

As entidades beneficiarias poderán recibir como máximo o 70% do orzamento presentado e ata un máximo de 5.000 € por comunidade

O Concello de Salceda de Caselas ven de publicar no boletín oficial da provincia as bases  das subvencións dirixidas ás comunidades de persoas usuarias de augas para o ano 2021, co obxectivo de que melloren as súas instalacións.

Poderán ser beneficiarios destas axudas aquelas asociacións de persoas usuarias de augas legalmente constituídas, mediante un proceso de concorrencia competitiva. O obxecto da convocatoria é subvencionar obras, adquisición de materiais, man de obra ou equipamentos asociados a melloras en diversas áreas de actuación, como a captación de fontes e pozos, o mantemento e conservación dos sistemas de almacenamento e a potabilización, reparacións na rede de distribución ou o mantemento e conservación de instalacións.

As entidades beneficiarias poderán recibir como máximo o 70% do orzamento presentado e ata un máximo de 5.000 € por comunidade de augas.

A publicación fíxose o 7 de setembro e o prazo de presentación de solicitudes son 15 días dende o día seguinte da publicación.  A convocatoria completa pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións.

O concelleiro de Medio Rural e Medio Ambiente, Rubén González Coto,  explicou que “con estas axudas para este ano 2021 queremos axudar as nosas traídas a mellorar os seus servizos e a calidade das mesmas”.

A alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón,  subliñou a novidade de estas axudas  “Salceda conta por primeira con 30.000 € no seu orzamento para subvencións a traídas de augas parroquiais. Unha axuda que revertirá nun mellor servizo á veciñanza do noso rural”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad