Sthela Táboas 08/09/2021

Rexeitaron o convite de hoxe á presentación do concerto e disco do grupo musical do Porriño Kaf!, ao ser membro do equipo o cuñado da edil, como creador da fotografía e imaxe do disco

O grupo municipal de EU Son Porriño foi convidado á presentación do novo disco do grupo KAF!, aínda que decidiron non acudir apoiados polo rexeitamento “da xestión da Concellería de Cultura e Festas, especialmente con relación á contratación de familiares da concelleira, Camila Moreira Fontán”.

Dende o grupo de oposición explican que “Non é a primeira vez que se contrata de xeito directo ou indirecto. Primeiro foi a compra, finalmente frustrada, de material da Sala Ingrávida por peche da mesma, que se estivo a ofrecer polas asociación veciñais e culturais do Porriño. Logo contratouse o ciclo de teatro virtual “Teatro Confinado”, ofrecido por Álex Sobrino (cuñado). Agora é a presentación do álbum do grupo Kaf!, proxecto no que participa directamente a mesma persoa, como así se nos fai saber no convite.

Este medio puido saber na presentación de hoxe que, o mentado Álex Sobrino leva traballando conxuntamente coa empresa Parolas (promotora do grupo) preto de 20 anos, dende que compoñentes do grupo musical acudían xuntos ao instituto.

EU Son do Porriño, sin entrar na materia musical “independentemente de valoracións artísticas”, non comparte e  oponse con firmeza “a este tipo de prácticas e consideramos que atentan contra toda ética ao favorecer a determinadas persoas. Por todo o dito xa comunicamos á concelleira, Camila Moreira, que non íamos estar na presentación á que fomos convidadas como concelleiras”.

As edís, Patricia Sío e Blanca Francés, rematan dirixíndose aos portavoces das demáis agrupacións “queremos transmitir mediante este escrito a toda a Corporación, coa claridade e transparencia que tamén esiximos ao resto, cales son os motivos”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad