Mónica Romero 03/09/2021

Participa cun stand propio neste certame multisectorial que contará coa presenza directa de 389 empresas e institucións procedentes de seis países

O Concello de Tui conta cun stand propio na LXIII edición da Semana Verde de Galicia que se inaugura hoxe no recinto feiral de Silleda. Este certame multisectorial contará coa presenza directa de 389 empresas e institucións procedentes de seis países. O amplo programa abrangue tamén certames paralelos e ata 130 actividades programadas para estes tres días de feira.

O Concello de Tui participa cun stand propio neste certame que nesta edición pretende superar a crise derivada da pandemia da Covid. A presenza tudense servirá para difundir os importantes recursos patrimoniais, naturais e turísticos do noso territorio con especial relevancia para a condición de Tui como porta de entrada dos Camiños Portugueses en Galicia.

O concelleiro de Patrimonio, Turismo e Camiño de Santiago, presente esta mañá no recinto feiral da Semana Verde de Galicia, valorou moi positivamente a presenza do concello de Tui nesta feira que reunirá de novo a milleiros de visitantes e onde se presentará a oferta turística da cidade e do seu municipio.

Laureano Alonso salientou que accións como esta presenza na Semana Verde intégranse no labor diario de promoción turística que se realiza dende o Concello co obxectivo de consolidar e incrementar o número de turistas e visitantes que se achegan ata Tui. Nestes meses de verán visitaron Tui un gran número de turistas coa importante repercusión socio-económica que iso implica.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad