Mónica Romero 31/08/2021

Prevese a chegada do pelotón entorno ás 14:20 h.

A Volta Ciclista a España pasará este sábado, 4 de setembro polas rúas do centro urbano de Tui. Será a 20ª etapa que sairá dende Sanxenxo e terá a liña de meta no Castro de Herville en Mos, tras un percorrido de 202,2 Km.

A partir das 13:10 h prevese o pase da caravana publicitaria que acompaña cada etapa, e agárdase que o pelotón poida estar nas rúas tudenses ás 14:20 h.

Debido ao paso da Volta Ciclista a España o sábado, dende ás 7 h, non se poderá estacionar nas rúas Irmáns Maristas, Ourense, Martínez Padín, e na Avenida de Portugal até o cruzamento coa N-551. Nesta zona os contedores serán trasladados puntualmente ás beirarrúas nesta xornada.

Deste xeito Tui volverá ver pasar a serpe multicolor da Volta Ciclista a España este sábado ao mediodía.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad