Sthela Táboas 19/08/2021

As actuacións de mellora levaranse adiante en Lamas, na parroquia de Meder e no Cordeiro, na parroquia de Alxén

O Concello de Salvaterra de Miño ven de adxudicar as obras de mellora na rede de pluviais en Lamas, na parroquia de Meder; e no Cordeiro, parroquia de Alxén.

A través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, invertiranse máis de 46.000 € co fin de mellorar os servizos e infraestruturas.

As obras a realizar consisten na construción dun colector de pluviais, a creación dunha cuneta de 70 m en terra e reparación de 165 m existentes en formigón, desbroce e limpeza, barrido do firme e capa de rodadura en toda a carretera; estas actuacións no que reflicte o barrio de Lamas, en Meder.

As actuación no Cordeiro, en Alxén, consisten na realización dunha nova cuneta en terra, desbroce e limpeza, máis unha capa de rodadura nos dous tramos máis danados da estrada.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad