Sthela Táboas 19/08/2021

O punto de información habilitado pola Administración Local sobre a actualización de parcelas comezou a prestar servizo ao público o pasado 19 de xullo

O punto de atención e información á veciñanza, sobre a actualiación catastral de fincas, disposto polo Concello do Porriño -en colaboración co ORAL e o Catastro -dende o luns 19 de xullo, pechou o servizo este martes 17 de agosto, atendendo a preto dun milleiro de persoas.

A atención ao público centralizouse no salón de sesións do Concello e funcionou mediante cita previa e, segundo informa o persoal que atendeu á veciñanza, do total de persoas atendidas, 76 interpuxeron recurso. A meirande parte por non ser titulares das fincas ou por non figurar correctamente a configuración. Agás 4 veciños que recorreron por considerar excesivo o incremento da valoración catastral.

A Xerencia do Catastro notificou unha actualización da cualificación de parcelas, feita en aplicación da lexislación vixente, que afecta a 17.400 propiedades no municipio do Porriño; unha revisión de valores que renova o anterior padrón que databa de 1985. Esta revisión tamén terá como referencia os valores catastrais de 1985, aos efectos dos recibos do IBI.

Ante o gran número de afectados , a alcaldesa Eva García xestionou coa Xerencia do Catastro e do Organismo de Recadación da Administración Local -ORAL- para que dispuxeran este punto de información para aclarar dúbidas é consultas, que se prolongou algo máis de 4 semanas pola demanda de aclaracións.

A partires de agora, as consultas deberán realizarse na oficina do ORAL do Porriño, sita na rúa Pinar nº 5 baixo, con cita previa a través da páxina web da  Deputación. Ou nas oficinas do Catastro en Pontevedra e Vigo, sitas nas Delegacións de Facenda.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad