O punto de información habilitado pola Administración Local sobre a actualización de parcelas comezou a prestar servizo ao público o pasado 19 de xullo
O punto de atención e información á veciñanza, sobre a actualiación catastral de fincas, disposto polo Concello do Porriño -en colaboración co ORAL e o Catastro -dende o luns 19 de xullo, pechou o servizo este martes 17 de agosto, atendendo a preto dun milleiro de persoas.
A atención ao público centralizouse no salón de sesións do Concello e funcionou mediante cita previa e, segundo informa o persoal que atendeu á veciñanza, do total de persoas atendidas, 76 interpuxeron recurso. A meirande parte por non ser titulares das fincas ou por non figurar correctamente a configuración. Agás 4 veciños que recorreron por considerar excesivo o incremento da valoración catastral.
A Xerencia do Catastro notificou unha actualización da cualificación de parcelas, feita en aplicación da lexislación vixente, que afecta a 17.400 propiedades no municipio do Porriño; unha revisión de valores que renova o anterior padrón que databa de 1985. Esta revisión tamén terá como referencia os valores catastrais de 1985, aos efectos dos recibos do IBI.
Ante o gran número de afectados , a alcaldesa Eva García xestionou coa Xerencia do Catastro e do Organismo de Recadación da Administración Local -ORAL- para que dispuxeran este punto de información para aclarar dúbidas é consultas, que se prolongou algo máis de 4 semanas pola demanda de aclaracións.
A partires de agora, as consultas deberán realizarse na oficina do ORAL do Porriño, sita na rúa Pinar nº 5 baixo, con cita previa a través da páxina web da Deputación. Ou nas oficinas do Catastro en Pontevedra e Vigo, sitas nas Delegacións de Facenda.