José Docampo 19/08/2021

Esta fin de semana terá lugar o Torneo Concello de Mos ed balonmán feminino no Pavillón Óscar Pereiro. As entradas son gratuítas, previa reserva na web do equipo porriñés de balonmán.

Onte tivo lugar a presentación do Torneo Concello de Mos de Balonmán Feminino, na que estiveron presentes representantes do Concello de Mos, Abel Estévez, presidente do Club Balonmano Porriño, e Sarai Samartín, xogadora do Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño, que ademáis é a capitana e veciña mosense da parroquia de Tameiga.

O Torneo Concello de Mos terá lugar no Pavillón Óscar Pereiro durante toda esta fin de semana. Así, o sábado, 21 de agosto, ás 19:00 horas dará comezo co enfrontamento entre o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño (División de Honra) e o Rubensa Bm Porriño (División de Honra Prata).

O domingo ás 11:00 xogarase o segundo e último partido entre o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño (División de Honra) e o AD Carballal Balonmán (División de Honra Prata). A entrada será gratuíta, pero é necesario a reserva previa de entradas chamando ao número 666 493 089 ou na páxina web do club (www.balonmanoporrino.com).

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad