José Docampo 17/08/2021

O vindeiro venres 20, ás oito da tarde, o Pazo dos Marqueses de Mos será esceario de diversos espectáculos de danza contemporánea promovidos para promocionar o Xacobeo e o Camiño de Santiago.

O programa Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio recaerá o vindeiro venres 20 de agosto, ás 20.00 horas no Pazo dos Marqueses de Mos, promovido polo Xacobeo 21/22, Agadic, Xunta de Galicia e Concello de Mos. A través desta proposta artística “a danza e as artes de movemento enmárcanse en entornos de gran valor paisaxístico e patrimonial de Galicia, tal e o caso do Pazo de Mos e a súa contorna”.

Propulsa é a maior programación de danza levada a cabo polo goberno autonómico con, aproximadamente, 74 funcións de pezas de rúa en espazos singulares ao aire libre. Propulsa mostra a través da experiencia escénica, segundo informa o Concello, “outros elementos identitarios de Galicia como a paisaxe e o patrimonio, permitindo deste xeito a posibilidade dunha experiencia total, fusionando na mesma cultura e turismo”.

Os obxectivos desta iniciativa son “fomentar e promocionar a creación contemporánea de danza así como atraer a novos públicos, dotar de programación cultural de danza, crear oportunidades laborais para profesionais e compañías de danza de Galicia, e poñer en valor a diversidade patrimonial e paisaxística de Galicia co uso de localizacións singulares”.

Trátase dun espectáculo para todos os públicos con entrada gratuita. Os espectadores poderán gozar o vindeiro venres no Pazo de catro espectáculos diferentes con duracións que oscilan entre os 15 e os 30 minutos. Así, a partir das 20.00 horas da tarde sucederánse as propostas de Evi Balboa co seu espectáculo Nasenda, o espectáculo Stay de Can Cun Quinqué, o espectáculo Coreografías dun DeMente de Fran Sieira Compañía de Danza e o espectáculo Intempestiva de Elahood.

NASENDA é o resultado dunha investigación inmersa en espazos do Camiño de Santiago por corpos e relacións cos demais. STAY DE CAN CUN QUINQUÉ presenta o momento no que as circunstancias fante cómplice de algo que está ocorrendo. COREOGRAFÍAS DUN DEMENTE DE FRAN SIEIRA COMPAÑÍA DE DANZA plasma unha realidade, un estigma, unhas patoloxías que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) sufriron, sofren ou sufrirán nalgún momento da súa vida unha de cada catro persoas. E INTEMPESTIVA DE ELAHOOD é a nova proposta escénica desta compañía de danza urbana inspirada na obra e na figura de Xela Arias.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad