José Docampo 17/08/2021

O 28 de agosto pola tarde celebrarase unha iniciativa, unha vez máis, incluída no programa de actividades de La Vuelta 21 no municipio mosense. Trátase de ‘Mos sobre rodas’, para todos os públicos no Castro de Herville.

O Concello de Mos, en colaboración con La Vuelta 21, a Asociación Cultural e Social de Herville, e a Asociación Veciñal e Cultural Celado de Cela, organizan unha nova iniciativa enmarcada dentro do programa municipal de actividades con motivo da etapa 20 Sanxenxo-Mos (Castro de Herville) que terá lugar o vindeiro 4 de setembro.

Nesta ocasión trátase dun evento dirixido “a todos os amantes do deporte sobre rodas”, que poderán participar, tanto individualmente como en familia, no encontro ‘Mos sobre rodas’ que se celebrará o sábado 28 de agosto a partir das 17.30 horas da tarde no Castro de Herville. O evento está pensado para públicos de todas as idades, que participen cos seus vehículos sobre rodas sen motor, tales como patíns, patinetes, bicicletas, triciclos, etc.

Os interesados en participar xa teñen o prazo de incrición aberto ata o vindeiro martes 24 de agosto. As inscricións e compra de tíckets pódese formalizar desde xa en 4 puntos: Centro Cultural de Herville, recepción do Pazo de Mos, cafetería do Centro Dotacional de Torroso, e cafetería do Centro Cultural Nosa Terra de Pereiras. O prezo dos tíckets é de 5 euros para persoas de 13 anos en diante e gratuíto ata os 12 anos de idade. É imprescindible a adquisición dos tíckets antes da data da actividade.

A actividade consistirá nun circuito pechado para todo tipo de vehículos sen motor, marcha MBT para maiores de 12 anos, actuacións de Argonat Band, Grupo Infantil de Gaitas Nosa Terra de Pereiras, Banda de Gaitas de Herville, Grupo de Gaitas e Baile Celado; merenda popular a base de empanada, auga e refrescos; e un sorteo de agasallos de La Vuelta.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad