José Docampo 14/08/2021

Xunta e Concello asinan un convenio para a “segunda fase” da mellora do Cemiterio Municipal de Torroso. A obra consistirá na impermeabilización dun novo conxunto de nichos mediante unha única rede drenante.

O Concello de Mos e Xunta de Galiza asinaron esta semana un convenio de colaboración para a acometida da “segunda fase” de mellora do Cemiterio Municipal de Gándara, na parroquia de Torroso. A administración autonómica, que xa financiara a primeira fase realizada fai xustamente un ano –durante o verán de 2020-, subvenciona nun 80% esta segunda fase, cunha aportación económica de 11.650,44 euros.

A actuación proxectada para a segunda fase da mellora abrangue un conxunto de nichos con problemas de humidade e filtracións internas de auga, sendo a parte máis afectada a dos nichos en contacto co chan. Agora actuarase nun conxunto de nichos ou panteóns diferente ao mellorado o ano pasado, polo que os traballos que se contemplan, son independentes dos xa executados o pasado verán, non gardando relación física entre eles, salvo pola natureza dos traballos e por situarse no mesmo Cemiterio Municipal.

Mediante as novas obras a acometer eliminaranse por completo as filtracións no citado conxunto de nichos, realizando labores de drenaxe consistentes na recollida e evacuación das augas pluviais que chegan ao terreo e que pola súa gravidade infíltranse nos paramentos traseiros do conxunto de panteóns, así como a auga da choiva a través da cuberta. Para elo proxéctase unha única rede que comprende os tres conxuntos funerarios construídos, e estará formada por: rede principal formada por un paquete drenante que discorrerá polas traseiras dos nichos. Conexión mediante pozos de rexistro e tubaxe de PVC dos tres tramos drenantes. Arquetas sumidoiro que recollerán as augas das cubertas dos tres conxuntos de panteóns. E impermeabilización das cubertas planas das tres edificacións.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad