José Docampo 14/08/2021

A estrea estará acompañada dunha performance de percusión polos camiños de Cans, a cargo do músico Lar Legido, un dos protagonistas do filme. “Capitán Swing”, o proxecto musical da actriz galega Sara Casasnovas e o músico Martiño Toro, estará presente na Noite Lasal dos videoclips. O Festival recupera o invernadoiro de Mucha e Juan do Peso, un dos seus espazos emblemáticos, para as actuacións de Marco Maril e Chisme, alter ego do director Fernando Epelde.

O Festival de Cans acolle este ano a estrea de catro longametraxes. O filme ’9 Fugas’, de Fon Cortizo (Vigo, 1978) proxectarase por primeira vez en salas durante o certame o venres 3 de setembro. Un día despois, o Jalpón de Mucha e Juan do Peso, tamén na aldea, acollerá a estrea mundial de ’El tiempo libre’, do realizador, intérprete, dramaturgo e músico ourensán Fernando Epelde (1980). Estas estreas únense ás xa anunciadas de dúas cintas documentais: ’Donde acaba la memoria’, o traballo de Pablo Romero-Fresco sobre a viaxe do historiador IanGibson a Las Hurdes detrás dos pasos de Luis Buñuel; e ’Beiras, vivir dúas veces’, o filme de JorgeCoira,Pepe Coira e Gaspar Broullón sobre a figura do economista, intelectual e político Xosé Manuel Beiras.  O certame celébrase entre os días 1 e 4 de setembro.

FonCortizo chega a Cans para presentar unha longametraxe, ’9 Fugas’, na que leva ao espectador, a partir da música improvisada dunha orquestra, a nove historias en busca dunha saída. Todas elas parten da capacidade da sinfonía improvisada da orquestra para revelar pantasmas do pasado.

O filme xa estivo no Festival Internacional de Shangai, un dos máis importantes do mundo, e no Festival de Cine de Xixón, FicXixón, onde levou o Premio na sección Retueyos, a que aposta por propostas que asumen maiores riscos narrativos. Á proxección, a primeira que se fai en sala -as anteriores só foran en liña- acudirá boa parte do equipo da película. E especial protagonismo terá a música: antes da estrea do filme, Lar Legido (Castromonte, 1975) fará unha perfomance musical de percusión polos camiños da aldea desde o Torreiro ata o lugar no que se proxecta a película, o Baixo de Bugarín. Lar Legido é un dos protagonistas da película. Na súa perfomance musical por Cans daralle continuidade sonora e visual ao personaxe ao que interpreta en ’9 Fugas’.

Con ’El tiempo libre’, FernandoEpelde volve escoller o Festival de Cans para presentar mundialmente unha súa longametraxe. Xa acontecera en 2019. Epelde volve ao certame coa historia dun  novelista de mediana idade que decide deixar de escribir para sempre xusto durante os días máis calorosos do verán de Madrid. Conminado pola súa muller, o home decide adicarse a unha serie de traballos inventados, como o de vendedor de pedras e outros que o conducirán ás casas de personaxes peculiares.

O ourensán Fernando Epelde é un creador polifacético: móvese entre a escrita teatral, a interpretación, a realización, e tamén a música.  Despois da estrea de ’El tiempo libre’, presentaralle ao público o seu proxecto musical Chisme, unha aposta polas texturas electróncas mesturadas con sonoridades new rave ou pop groove.

Serán, a estrea do filme e a perfomance musical, no Invernadoiro de Mucha e Juan do Peso. E esa é outra boa nova para a XVIII edición do Festival de Cans: o certame volve a un dos seus espazos máis emblemáticos e mellor valorados polo público.

O acceso ás estreas de ’9 Fugas’ e ’El tiempo libre’ é de balde, pero previo rexistro a través da tenda da web do Festiva de Cans: https://tenda.festivaldecans.com/.

Outra das estreas xa anunciadas, a de ’Donde acaba la memoria’ xerou unha alta expectación. Coas entradas xa esgotadas, o Festival conseguiu programar, para o venres 3 de setembro ás 12.30 horas horas no Torreiro de Cans, un coloquio con Ian  Gibson. O acceso será de balde pero previa inscrición na tenda en liña do Festival.

O concerto de Chisme, de Fernando Epelde, non será a única actividad musical que acolla o Invernadoiro de Mucha e Juan do Peso. O artista sonoro MarcoMaril inzarao coa súa música o último día do certame, o sábado 4 de setembro, a partir das 20 horas. Maril, que leva máis de 20 anos participando en distintos proxectos (Apenino, Dar Ful Ful…), é pioneiro do indie galego e xa pasou por festivais coma o FIB, ou o Primavera Sound. Chega a Cans co seu primeiro álbum desta nova etapa, 15.11.18, que gravou xunto a Iria Vázquez (voces) e Macarena Montesinos (cello). Ambas as dúas han acompañalo no Invernadoiro de Mucha e Juan do Peso.

Ademais do concerto, o público poderá asistir a unha retrospectiva dos videoclips de Maril. A actividade ten un prezo de 3 euros. As entradas están dispoñibles na web do Festival

A actriz galega SaraCasasnovas tamén presentará no Festival de Cans o seu novo proxecto musical: “Capitán Swing”. e o seu primeiro traballo: ’Ferro Candente’. Nel, samples, ouveos e xemidos abren a porta a unha impactante atmosfera de cabaret e electrónica. Casasnovas desenvolve este proxecto xunto ao músico Martiño Toro, que tamén estará en Cans con ela.

A estrea do proxecto será na NoiteLasaldosVideoclips. Terá lugar no Auditorio Exterior do Centro Cultural do Porriño o xoves 2 de setembro ás 23.30 horas. O acceso é de balde pero baixo rexistro na web do Festival. Só hai 40 prazas dispoñibles.

Na súa programación musical o Festival de Cans recupera tamén este ano a SesiónVermúNordesía no Torreiro. Será o sábado, 4 setembro, ás 13,30 horas. Actuará o grupo de música tradicional Acordeireta, que presenta o seu primeiro disco. O grupo formado por Patricia González e Alejandro  Balbuena fai música de raíz que trata sobre temas sociais actuais e homenaxea con música ás persoas que queren e admiran. O proxecto musical de Acordeireta ten coma principal obxectivo contribuír á dignificación da lingua e a cultura galegas e compartilas co público.

Estas actuacións súmanse ás xa anunciadas de Ses, MaikaMakovski e OhAyatollah. As últimas entradas para estes concertos están disponibles na tenda en liña do Festival: https://tenda.festivaldecans.com/. En todas as actividades do Festival manteranse a distancia social, o uso de tapabocas, e as normas de bioseguridade e prevención.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad