Sthela Táboas 11/08/2021

O Concello colabora co SERGAS ao facilitar unha oficina no Centro Cívico Municipal que facilite este trámite aos veciños

Dende esta mañá, o primeiro andar do edificio do Centro Cívico Municipal acolle un punto de tramitación e recollida de acreditacións de vacinación para a veciñanza de O Porriño.

Trátase dunha colaboración que presta o Concello, a petición da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, que solicitou a cooperación municipal cedendo un local onde establecer esta oficina.

É atendida por persoal contratado polo Sergas (Servizo Galego de Saúde) e non é precisa a cita previa, atendendo ao público desde as 8:00 h ata as 15:00 h, inicialmente ata o martes 31 de agosto.

@s veciñ@s interesados en obter a súa certificación de vacinación deben levar a tarxeta sanitaria e o DNI para solicitar a dita acreditación, que pode ser en papel impreso ou o código QR, que se lles esixe actualmente para acceder ao interior dos locais de hostalería.

O Porriño permanece desde a semana pasada en nivel de restricións alto e continuará unha semana máis, segundo anunciou onte o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. 

Neste punto de atención no Centro Cívico, ademais de obter o certificado de vacinación, a veciñanza tamén poderá acadar outras prestacións como darse de alta nas aplicacións “Chave 365” e “E-Saúde”, que dependen do Sergas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad