Sabela Landín 06/08/2021
Noroeste Estrella Galicia

A segunda xornada do Noroeste Estrella Galicia comezará ao mediodía cos concertos de Alice Wonder no escenario Nonito Pereira (Praza de María Pita) e Ataque Escampe no Campo da Leña.

Pola tarde actuarán primeiramente Chasis no Campo da Leña e a última hora da tarde comezarán Javiera Mena e Cimafunk no Nonito Pereira (Praza de María Pita), Zahara e Lina_Raül Refree no escenario Jaime Manso (Santa Margarida) e ao mesmo tempo, no Parque Europa, Víctor Coyote e Tito Ramírez.

O estrito cumprimento do protocolo COVID-19, un grandes protagonistas para gozar da música pero con sentidiño.

Os concertos matutinos regresan por segunda xornada consecutiva na 34 edición Festival Noroeste Estrella Galicia. Dende cedo, mañá (sábado 7 de agosto 2021) haberá concertos tanto no escenario Nonito Pereira (Praza de María Pita) como no escenario Jaime Manso (Praza de Santa Margarida) coas actuacións de Alice Wonder e Ataque Escampe respectivamente. A artista madrileña chega á cidade herculina para presentar o seu álbum debut, “Firekid”, un traballo co que está a poñer voz a toda unha xeración. Un álbum que fala sobre ese talento que estoura dentro daquel ao que lle poden as ganas de comerse o mundo. Pola contra, Ataque Escampe din que que escriben cancións con salsa agridoce. Producen músicas tristes para escenarios con cortina vermella, reverbs torturados e himnos á derrota. Pero tamén rock’ n’ roll para desabrochar as camisas, soul hilarante e, por que non, ruído.

Javiera Mena e Cimafunk farán temblar as cadeiras no Nonito Pereira

O festival continuará ás 20.00 horas en tres dos catro escenarios habilitados na cidade; pero antes, ás 19.00 horas, Chasis subiránse ao escenario do Campo da  Leña para revisitar as súas primeiras cancións e facer dese concerto o seu novo punto de partida, poñer o seu rock’n’roll a punto.

Ás 20.00 horas saltará en primeiro lugar Javiera Mena ao escenario Nonito Pereira (Praza de María Pita), disposta a levar ó público as novas cancións do seu recentemente publicado EP “Entusiasmo”. A cantante, compositora e produtora chilena é unha das principais expoñentes actuais do electropop facturado en Latinoamérica, toda unha referencia da electrónica en castelán.

Seguiraa ás 22.30 horas Cimafunk, o artista que creou un movemento na Habana e puxo patas para arriba toda a illa con miles de fanáticos emocionados de bailar ao ritmo da música afro. Funk cubano. O seu nome fai referencia á súa herdanza como “cimarrón”, cubanos de ascendencia africana que resistiron e escaparon da escravitude. A esencia da súa música busca sacar o mellor dos ritmos tradicionais cubanos con sons e estilos de África e os EE.UU.

Emoción e rotura con Zahara e Lina_Raül Refree no escenario Jaime Manso

A inauguración da tarde no escenario Jaime Manso será, ás 20.00 horas, a cargo de Zahara, unha artista que agora mesmo non necesita presentación tras revolucionar a principios de ano o panorama musical español coa estrea de “Merichane”, a antesala do que sería o seu disco “PUTA”.  A electrónica marcou profundamente o carácter deste disco e é o punto de partida do novo directo que está a presentar: un espectáculo dividido en tres actos onde se poderá viaxar da intimidade absoluta e as historias de Zahara ao techno e o baile. Unha auténtica viaxe emocional e artístico no que querer ser, estar e quedar.

Lina_Raül Refree é un proxecto que pretende por de manifesto que a música non é xeografía, a música é pura emoción e ás veces hai que romper as regras para terminar facendo historia. Virán presentar o traballo homónimo, ondo os dos incríbles músicos xeran unha intensa, conmovedora e moi especial relación musical e onde cada canción é un monumento na historia do fado.

Música de autor no Parque Europa

A xornada continúa no Parque Europa coas actuacións de Tito Ramírez ás 20.00 horas. Este artista puxo o seu nome no radar de todos co seu primeiro sinxelo “Lonely Man”, un disco foi un todo éxito dentro da escena underground do Soul e R&B de todo o mundo.  e forma parte do primeiro LP de Tito Ramírez, “The king of mambo”. Desde entón, non parou de traballar virando e no seu concerto imos poder escoitar un enérxico repertorio de Rhythm & Blues, Rock & Roll, Soul  e Mambo…

Nunca houbo un artista que, facendo confluír estilos musicais tan dispares, conseguise unha voz tan persoal e identificable dentro da industria como Víctor Coyote. O artista, que comezou no ano 92’ a súa carreira en solitario, presentará na Coruña o seu novo traballo, “Las Comarcales”, cargado de riqueza rítmica que achega o afastarse dos omnipresentes compases do catro por catro e a riqueza que achega o consumo de música e literatura na lingua materna.

A discografía do artista alberga álbums de estilos tan diversos como o funk, electrorock, powerpop ou discos máis intimistas. Pero que ninguén leve a engano, no fondo desta suposta variedade estilística identifícase perfectamente o selo Coyote.

Protocolo COVID:

Durante toda a 34 edición do Festival Noroeste Estrella Galicia o seguimento do protocolo de prevención do contaxio da COVID-19 é fundamental. As persoas que traballan na cita, o elenco artístico e o público contan con pautas de protección.

Neste sentido, o acceso do público aos recintos son por invitación nominal reservada a través de sistemas dixitais que proporcionarán un código QR. A apertura de portas será 1 hora  antes de cada espectáculo. As persoas asistentes aos concertos deberá abandonar o espazo ao remate de cada concerto para proceder á desinfección das localidades. Dentro do recinto, deberá levarse sempre máscara e gardarse a distancia física entre persoas (1’5m). Nin sequera no caso de persoas conviventes se poderá eludir o respecto á distancia marcada entre asentos. So no caso de persoas que precisen a axuda dun acompañante por causa xustificada (como mobilidade reducida) se poderá eludir ese punto.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad