Sthela Táboas 22/07/2021

O Concello adxudicou un total de 112.280 € en axudas económicas pola repercusión da Covid na Hostalería, Comercio e Autónomos

A diferenza restante ata os 140.000 € deste fondo adicarase según acordo nunha xunta de voceiros

O Concello do Porriño suma un total final de 112.280 € en axudas económicas directas, adxudicadas ao longo deste ano 2021 para paliar as consecuencias das restricións pola Covid entre os sectores da Hostalería, Comercio, Autónomos e Microempresas do Porriño.

Esta parte do proceso remata coa resolución do tribunal avaliador da terceira quenda de peticións, pero aínda resta rematar cos pagos das últimas axudas concedidas. Ata o momento aboáronse axudas por un importe de 60.667 €, restando por pagar 50.112 €.

Segundo os datos do expediente tramitado polo Servizo de Intervención Municipal, das 115 solicitudes presentadas, tan só foron denegadas 29 peticións por non cumprir cos requisitos da convocatoria.

O destino destas axudas, segundo as solicitudes presentadas, é para pagar alugueres, hipotecas, seguros, mercadorías, subministracións e gastos xerais.

O fondo de 140.000 € para axudas Covid foi dotado mediante recursos propios do Concello, a través dunha modificación de crédito acordada por unanimidade pola Corporación Local do Porriño no Pleno, e coa achega concedida pola Deputación de Pontevedra. Como o total con cargo ao fondo foi de 112.280 €, o Goberno municipal deberá decidir o destino do remanente sobrante de común acordo cos restantes grupos políticos, previa consulta nunha xunta de voceiros para escoitar propostas.  

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad