Sthela Táboas 19/07/2021

Funciona con cita previa que se pode solicitar telefónicamente ou a través da aplicación móvil “Bandomóbil, o Porriño Informa”

Esta mañá comezaba a funcionar o espazo de información á veciñanza, para aclarar dúbidas e consultas sobre a actualización da calificación das parcelas, realizada pola Xerencia Territorial do Catastro en aplicación da lexislación vixente.

O punto de información situouse no propio salón de plenos e funcionará de luns a venres, en horario de 09.00 a 14.00 h, e previa cita chamando por teléfono ao número 986 335 000 e marcando a extensión nº 7 (Alcaldía). Tamén se pode pedir cita previa a través da App “Bandomóbil, O Porriño Informa”.

Cada quenda de atención é de 15 minutos por persoa. A previsión é que este servizo funcione tres semanas, que serían prorrogables no caso de ser necesario.

A alcaldesa Eva García mostrou o seu interese polo funcionamento do punto de información, xa que é produto dunha xestión da propia rexedora coa Xerencia Territorial do Catastro e co Organismo de Recadación da Administración Local -ORAL-. Hai que ter en conta que nada menos que 17.400 parcelas -dende a última revisión de valores que data de 1985- pasan a ter consideración de chan urbano e, polo tanto, pasan de ser rústicas o urbanas. Esta revisión tamén terá como referencia os valores catastrais de 1985, aos efectos dos recibos do IBI.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad