Sabela Landín 19/07/2021
RÍAS BAIXAs

Máis de 70 equipos tomarán parte nesta cita automobilística, organizada pola Escudería Rías Baixas, que se celebrará en Vigo e a comarca do 23 ao 25 de xullo

O Rallye Recalvi Rías Baixas incorpórase este ano á Copa de España de rallyes de asfalto

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa xunto á delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias participaron esta mañá na presentación oficial da 54 edición do Rallye Recalvi Rías Baixas, Memorial Paco Alegre.

No acto tamén estiveron presentes Fernando Mouriño, presidente da escudería organizadora, o director do grupo Recalvi e patrocinador da proba, Chema Rodríguez; José Antonio Suárez (Cohete Suárez), piloto mundialista que tomará parte nesta proba; os irmáns Álex e Santi Pais, piloto e copiloto que disputan desde fai anos o rallye, e o xefe do servizo provincial de deportes de Pontevedra, Daniel Benavides.

Nas súas verbas, Lete Lasa quixo felicitar á Escudería Rías Baixas por retomar a organización do rallye tras o parón do ano pasado pola pandemia da covid-19, e pola súa incorporación á Copa de España de rallyes de asfalto. Segundo o secretario xeral, “o peso da automoción galega é clave para o crecemento económico de Galicia; e esta mesma conexión, reprodúcese a nivel deportivo: o motor galego é un foco de talento indiscutible, tanto no que se refire á práctica deportiva como á organización probas coma este Rallye Recalvi Rías Baixas. A súa referencia nacional e internacional no asfalto, a pericia dos seus pilotos, a excelencia das súas organizacións –como a desta escudería – e a entrega do público, fan das nosas probas exemplos sempre de competición, de excelencia e, por suposto, de seguridade”.

Tanto o secretario xeral como a delegada territorial apelaron á responsabilidade individual e colectiva para colaborar coa organización desta proba é garantir que esta se desenvolva coas máximas garantías hixiénico-sanitarias tendo en conta a actual situación da pandemia e, por suposto, coas máximas garantías de seguridade vial tanto para os participantes como para o público asistente. Así mesmo, tanto Lete Lasa como Fernández-Tapias tiveron palabras de recordo para Paco Alegre, o que fora vicepresidente da Escudería e a quen se lle adica este rallye.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad