Actores como Antón Durán Morris, Bruxo Queimán e Andrea Pousa son os protagonistas nesta segunda parte do proxecto audiovisual no qque se amosará a Galicia moderna e sostible que é hoxe en día
O venres 9 de xullo estrearase este proxecto audiovisual nunha gala no Mosteiro de Montederramo, onde naceu o nome da Ribeira Sacra. Unha gala onde asistirán todas as persoas, empresas e institucións implicadas, onde será tamén un homenaxe e recoñecemento a todas elas, pola labor de exaltación e divulgación do rural.
A proposta foi rodar un vídeo musical para promocionar a Ribeira Sacra como Candidata á Patrimonio Mundial da Humanidade. Queiman e Pousa xa demostraron que esta estratexia de marketing a través das redes sociais funcionou para acceder a un público moderno, xoven e moi interesado na cultura. Este proxecto ademáis fomentará o turismo da zona e promoverá a afluencia de visitantes.
Este proxecto xorde para dar continuidade ao primeiro videoclip da Ribeira Sacra (realizado en 2018), onde se mostra unha Galicia emigrante dos anos 60, cando non se percibía a riqueza cultural e rural agochada no interior de Galicia. Esta segunda parte, vai ser todo o contrario, mostrarase a Galicia moderna e sostible que é hoxe en día. Recoñecendo a labor dos Adegueiros, que construíron o mundo da xa famosa “Viticultura Heroica” e de todas as persoas que emprenderon un productivo negocio na Ribeira Sacra.
Antón Durán Morris, foi o actor estrela convidado neste proxecto onde interpreta a un Xeneral Romano que percorre estas terras cos seus soldados (Interpretado pola Guardia Pretoriana de Lugo).
Bruxo Queiman, é o actor encargado de levar a cabo o papel de Monxe, un personaxe que fará un percorrido polos mosteiros e igrexas máis relevantes da Ribeira Sacra como Mosteiro de Montederramo, Mosteiro de Santo Estevo, Mosteiro San Pedro de Rocas, Mosteiro do Divino Salvador, Igrexa de Sta María de Nogueira de Miño ou a Igrexa de Santa Cristina de Parada de Sil. Tamén se resaltará a beleza dos Miradores de Parada do Sil, Matacás, Pena do Castelo, Cabo do Mundo, Vilouxe. A Praia da Cova, Embarcadeiro de Santo Estevo, Fervenza do Cachón, Ponte Medieval de A Teixeira e Castro Caldelas.
No videoclip tamén se quere resaltar a labor das mulleres no mundo do viño, tanto na man de obra como nas decisión empresariais. Sendo a protagonista unha muller, interpretada por Andrea Pousa, que defende e reivindica a labor das mulleres nun terreo que aparentemente só é de homes.

Aparte, do videoclip promocional, resáltase no vídeo documental cómo comezou o renacemento da Ribeira Sacra, a través da creación do Consello Regulador da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra, con entrevistas aos propios protagonistas como foron os “7 Tolos” que crearon a D.O. R.S. -Evaristo da Cova, César Cachín, Jose Manuel Décima, Manolo de Quiroga, Pepe O Gafas, Suso Verao e Luis Chemari-, a diferentes Adegas e outras empresas da comarca.
A partires de todo o material videográfico recaudado, optouse pola elaboración de 21 vídeos promocionales, con imaxes inéditas e tamén incorporando escenas do propio videoclip e documental, para as Adegas e Concellos participantes no proxecto, para que dentro do proxecto global cada un teña máis protagonismo e se resalte o máis especial de cada zona en concreto.
A rodaxe dos vídeos ocorreu durante dúas semanas (setembro de 2020), na época da vendima, na que participan diferentes persoas da zona.

