Estrea o Punto de Información Turística e hoxe xa contou cunha notable afluencia de peregrinos
O Albergue do Porriño, pertencente á rede pública da Xunta de Galicia, reabriu este mediodía, cunha notable afluencia de peregrinos e estreando o punto de información turística, promovido polo Concello do Porriño.
O Concello dotou ao albergue, desde hoxe, dunha axente turística, Belén Freire, que se encarga de atender e informar aos peregrinos e visitantes sobre monumentos, paisaxes, oferta gastronómica e de tempo libre no Porriño.
Esta técnica atenderá a diario, de luns a venres, en horario de 09.00 h a 15.00 h, segundo informou o concelleiro de Turismo, David Alonso.