Redacción 01/07/2021

O grupo de esquerda tamén reclama os orzamentos e o PXOM no seguinte comunicado

“A alcaldesa do Porriño non ten intención de aclarar o acontecido o 16 de maio coa  detención por un dos axentes da policía municipal de paisano dun veciño. O noso  grupo preguntou no Pleno de onte, 30 de xuño, sobre os pasos dados ao respecto. Unha vez máis falta á verdade e, alegando unha grande carga de traballo, admite  que aínda non fixo nada neste asunto”. 

“Non pode haber nestes momentos no Porriño nada que urxa máis aclarar que este, un presunto abuso de autoridade ou presunta detención ilegal”. 

“Di que o tema está nos xulgados, que hai versións contrapostas, que se está a  poñer en entredito á policía local. Eva García de la Torre, como ten por costume,  minte. Quere tapar o asunto porque é totalmente inverosímil que nun mes non tivera  tempo de nomear un instrutor/ra. Ábrase o expediente e aclárese todo para que  deixe de enlamarse a reputación do corpo. Os problemas non desaparecen, os  problemas admítense, afróntanse e actúase en consecuencia. De que ten medo ou a quén ten medo?”. 

“Tampouco tivo tempo de asistir, ou designar representante, ao 3º Taller rexional de  partes interesadas do proxecto europeo Lindanet Interreg (telemático). O certo é  que o Concello do Porriño nunca está presente. No Pleno non foi quen de dar unha explicación. Esqueceulle di, isto pasa porque a importancia que dá ao problema do  lindano é cero e sempre busca calquera escusa para xustificar a súa nula  capacidade de xestión”. 

“E os orzamentos? Estamos xa en xullo e non se moveu un papel. E o PXOM?…”

1 pensamiento a “EU Son do Porriño pregúntase se a alcaldesa “ten medo?”

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad