Sthela Táboas 28/06/2021

O Concello resolveu a puxa esta mañá dos 23 vehículos que foron sustituídos no 2019

O Concello do Porriño vendeu os 23 vehículos municipais en desuso que permanecían almacenados no recinto do Multiusos de Torneiros desde outubro de 2019, cando se renovou o parque móbil municipal.

A pesares de que os vehículos tiñan prezos de saída de saldo (entre 50 e 100 €) finalmente as ofertas elevaron o prezo de venda.

O total da venda dos 23 vehículos acadou 8.697 € con impostos incluidos.

Esta mañá, presidida pola alcaldesa Eva García, a mesa de valoración celebrou a sesión pública de apertura de plicas da puxa, que era a segunda que se convocaba polo Concello para a venda destes vehículos.

O prezo máis alto da puxa foi de 1.550 € ofertados polo vehículo “Ssangyong Action” con 160.000 km e que na anterior poxa tiña un prezo de saída de 5.800 €.

Entre as curiosidades que deparou o resultado da puxa, o que fora o vehículo oficial da Alcaldía na época de Xosé Manuel Barros, un “Volvo S80”, vendeuse en 536 €.  

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad