José Docampo 25/06/2021

O Jardim Municipal de Valença acolle o concerto Trobadores & Soldadeiras, a cargo dos grupos Vocalis Contrasta e Ideal Fado hoxe, sexta feira, ás 21 horas.

O concerto encádrase na programación do proxecto “Encontro Luso – Galaico” e é a oportunidade para apreciar o grupo Vocalis Contrasta, da Academia de Música Fortaleza de Valença e o grupo Ideal Fado. A entrada é libre, sendo que os billetes debem ser reservados através do e-mail: bilheteira@encontrolusogalaico.pt, ou recollidos previamente na Biblioteca de Valença.

O Encontro Luso-Galaico propón unha atención renovada á herdanza cultural galego-portuguesa e á riqueza inmaterial da música e da lingua, mais tamén un esforzo creativo de expansión deste patrimonio, através da produción de novos temas e músicas nun traballo coas comunidades.

Este proxecto é cofinanciado polo Norte 2020/ FEDER e conta coa colaboración da Fundação Consuelo Vieira da Costa, da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho, entre outros.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad