Sthela Táboas 25/06/2021

Na presentación dos actos a concelleira de Igualdade reclama “facer cotiá” a diversidade sexual

A concelleira de Igualdade do Porriño, Cami Moreira, reclamou a necesidade de falar e facer cotiá a diversidade sexual para aceptar as diferenzas sen temelas, para poder vivir de xeito libre e sen discriminacións”, afirmou na presentación dos actos de celebración do Día do Orgullo LGTBIQ+ 2021 que se desenvolverán durante a fin de semana.

A concelleira nacionalista explicou que os actos de celebración -todos eles nas instalacións do Centro Cultural Municipal- comezarán o sábado coa representación da obra “Debut”, coa dirección e interpretación de Rosa Romero.

Continuarán o domingo coa presentación do mural elaborado pola artista Lidia Cao, no patio do auditorio exterior do Centro Cultural. Tamén se presentará outro mural feito polos nen@s do Consello Municipal da Infancia e Adolescencia. Na rolda de prensa un deles, Laura Carmona, explicou que pretenderon representar “a unión de dúas persoas con xénero indefinido”.

A continuación haberá un recital poético e a lectura do manifesto que realizará o poeta Samu Merino, quen volve repetir nese cometido. Samuel agradeceu á concelleira a confianza amosada e “de xeito especial que, de novo, a poesía sexa o vehículo para a reivindicación da diversidade sexual”.

Os actos do Orgullo LGTBIQ+ 2021  no Porriño rematarán o domingo noite co concerto musical a cargo de “Cinta Adhesiva”, tamén no auditorio exterior do Centro Cultural.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad