José Docampo 18/06/2021

Tralo peche do ano pasado por mor da COVID-19, reábrense os parques da auga de Sanguiñeda e a Pesqueira, e a piscina ao aire libre de San Eleuterio.

Este sábado 19 de xuño producirase a reapertura, con motivo do inicio da tempada estival, dos Parques da Auga da Pesqueira e Sanguiñeda, que estarán en funcionamento todos os días en horario de mañá: de 12.00 horas a 14.00 horas, e de tarde: de 16.00 horas a 21.00 horas.

Pola súa banda a piscina ao aire libre de San Eleuterio abrirá ao público o día 1 de xullo, con horario diario ininterrumpido de 11.00 horas a 21.00 horas.

As instalacións, que constan de dúas piscinas, unha grande e unha pequena, cotará evidentemente con servizo de socorrismo. A piscina está situada na zona oeste da urbanización de San Eleuterio, na parroquia mosense de Tameiga, xunto ó parque infantil e a pista deportiva.

O pasado verán, por mor da situación sanitaria derivada da COVID-19, as instalacións de lecer estival mosenses, piscina e parques da auga, non se abriron ao público nin foron utilizada. Este ano reábrense e o Concello asegura ter estabelecido “todos os protocolos e garantías para a saúde”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad