O grupo da oposición recalca que “Non se pode suspender o que non se convoca, porque non se fixo”
“O Concello do Porriño deixa ás familias tiradas ao non organizar campamento de verán para nenos e nenas” denuncia o grupo de esquerda.
As criaturas levan todo o curso escolar sen problema dentro das aulas e agora, cunha situación moito mellor, aléganse motivos de seguridade para non ofrecer esta actividade.
O grupo de oposición compara que “hai campamentos da Xunta, doutros Concellos, da Universidade de Vigo… pero no Porriño non porque somos moi responsables. A responsabilidade amósase con previsión, planificación e traballo. Non se pode suspender o que non se convoca, porque non se fixo”.
EU Son remata incidindo en que “a escusa da pandemia non vale para agochar a falla de previsión da concelleira de Igualdade e dunha alcaldesa que pasa de todo. O ‘Concello Amigo da Infancia’ segundo a UNICEF, acreditación que nos custou moitos cartos, non fomenta medidas de conciliación e isto perxudica maiormente ás mulleres”.