O grupo de clarinetes do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui actuará ás 20.15 h
Este venres, 18 de xullo, ás 20.15 h no Palco da Música do Paseo da Corredoira actuará o alumnado do grupo de clarinetes do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui, dirixidos polo profesor Esteban Alonso Ubiña.
Con diferentes formación, tríos, cuartetos, sextetos e ata nove intérpretes, ofrecerán composicións de música clásica, pop, BSP, jazz e música galega .
Este é o terceiro concerto do alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui, dentro do Ciclo de Concertos na rúa que teñen lugar todos os venres de xuño e os dous primeiros de xullo, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.