A zona de baño nestes dous espacios en Guillarei e Caldelas balizouse por terceiro ano consecutivo
O Concello de Tui vén de rematar o acondicionamento dos espazos de uso público das praias fluviais de Areeiros, en Guillarei, e do Penedo en Caldelas.
Procedeuse á limpeza destes espazos ao balizamento da zona de baño por terceiro ano consecutivo, co que se mellora a seguridade dos bañistas que acoden a estas praias.
Este ano, non contarán con baños públicos ante a dificultade do cumprimento da normativa establecida en materia sanitaria debido á pandemia da COVID 19.
Tanto a praia de Areeiros en Guillarei coma a do Penedo en Caldelas conta coa cualificación de Excelente, no control das augas das zonas de baño que realiza a Xunta de Galicia.