Mónica Romero 14/06/2021

Os Concellos de Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Mondariz veñen de reunirse novamente
para tratar o delicado asunto das Piscinas Municipais para este verán

Se ben o ano pasado abrir as piscinas supuña un risco extremo dada a situación pandémica, este ano tampouco parece viable unha apertura en base as restricións impostas dende o Ministerio de Sanidade xa que pouco varían respecto ás de 2020, establecese unha ocupación aforo do 50% mantendo as distancia de seguridade, nos vestiarios e zonas de ducha unha ocupación máxima do 30%. A isto engadese, a obrigatoriedade de establecer turnos de uso con reserva de cita previa, limpeza e desinfección despois de cada uso, co peche temporal que conlevan estas tarefas, a reducción do espazo nas zonas de estadía das piscinas.

Estes catro Concellos teñen o problema engadido de que as súas piscinas son vistitadas cada verán por un gran número de usuari@s, polo que as continuas labores obrigadas de limpeza e desinfección dos vasos, zonas de estar e vestiarios perxudican notablemente o obxectivo destas piscinas, que son a comodidade e o lecer dos seus veciños e veciñas, que se verían interrumpidos constantemente.

É por iso que tras valorar a situación e analizar detidamente as continxencias propias dunha apertura segura para todos, ven que o cumprimento das restricións choca frontalmente coa finalidade que teñen este tipo de instalacións.

Polo tanto, os catro Concellos chegaron á difícil decisión conxunta de NON ABRIR as piscinas tampouco en 2021, desexando que a evolución da COVID sexa favorable e faga máis flexibles as restriccións para poder garantir deste xeito unha apertura segura e que cumpra coas expectativas dos veciños e veciñas.

Estes Concellos aproveitarán para facer melloras oportunas nas súas respectivas piscinas cara unha nova apertura.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad