José Docampo 06/06/2021

Despois dunha reunión co comprador, o Concello comprométese a colaborar para que continúe a produción en Mos, se ben nin esta cuestión, nin a recuperación do postos de traballo están aínda confirmadas.

O Concello informa dunha reunión mantida esta semana co posible comprador valenciano interesado en adquirir a empresa concursada. Na mesma, o Concello “selou” o seu compromiso de colaboración para que permaneza en Mos a produción e a recuperación dos postos de traballo.

De feito, anuncia o Concello que a empresa xa está organizando a volta ao traballo de 40 das operarias, que se realizaría “de maneira paulatina”, se ben, asegura o goberno local, “a intención é contar con todos”. O Concello ofrece a súa colaboración para “buscar a vía de que a empresa fique en Mos, sexa utilizando as instalacións existentes” ou “buscando un novo emprazamento” no polígono da Veigadaña, para o cal a alcaldesa se reunirá con outros actores, como a asociación de empresarios do municipio.

Contrariamente ao que di o Concello, a compra de Pili Carrear non é aínda “firme”. Non se coñece en detalle o contido da reunión mantida esta semana, mais continuarán nos vindeiros días as xuntanzas, nas que se incluirán a outros axentes e implicados. Para a permanencia da produción en Mos, o Concello pide o “máximo apoio” dos traballadores, comité de empresa, sindicatos e outras administracións e forzas políticas, se ben explica que “todo o procedemento se realizará da man do IGAPE”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad