Sthela Táboas 02/06/2021

Mañá xoves formalizarase a sinatura a partir das 18.30 h

A Concellería de Cultura informa que mañá, día 3 de xuño, formalizarase a sinatura da carta de adhesión da Biblioteca Municipal do Porriñoaomanifesto “Bibliotecas en igualdade”.

Trátase dunha iniciativa de ámbito estatal de “Clásicas e Modernas”, unha  asociación para a igualdade de xénero na cultura que busca rachar coa fenda de xénero na literatura. En Galicia xa asinaron a súa adhesión as bibliotecas de Verín, Cangas do Morrazo, Redondela, Viveiro e a Universidade de Vigo con todas assúas bibliotecas. E a partir de mañá, a Biblioteca Municipal do Porriño, de sempre moi sensible nesta materia, tamén se incorporará á Rede “Bibliotecas en Igualdade”.

Cami Moreira, concelleira de Cultura xa avanzou que con esta incorporación a Biblioteca Municipal do Porriño “contribuirá a dar unha maior visibilidade ás escritoras e as súas obras, especialmente ás escritoras galegas, incorporar á Biblioteca as publicacións de estudos e investigacións sobre as achegas das mulleres á cultura ao longo da historia e promover a adquisición de obras de lectura e consulta procurando o equilibrio na autoría”.

O acto de asinado da adhesión da Biblioteca do Porriño terá lugar mañá a partir das 18.30 e estará presidido pola alcaldesa do Porriño, Eva García a quen acompañarán a concelleira de Cultura, Cami Moreira; a presidenta de “Clásicas e Modernas”, Fátima Anllo e outras directivas desta asociación.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad