Redacción 28/05/2021

O goberno local de Mos consagrará un total 100.000 euros públicos para, por unha banda, “compensar aos hostaleiros que quedaron fóra do Plan de Rescate da Xunta” e, pola outra, entregar unha axuda directa de 1.000 euros aos 75 negocios do sector hostaleiro no Concello.

Debido ao aumento da incidencia da COVID-19 en Mos e a declaración do nivel máximo esta fin de semana obrigará aos mosenses a extremar a precaución e, aos hostaleiros do municipio, a pechar as súas portas ao público. Por este motivo, asegura o Concello, durante a sesión da Comisión de Seguemento da Evolución da COVID-19 en Mos celebrada onte decidiuse a posta en marcha dun “Plan Municipal de Apoio á Hostalería mosense”.

Este plan consiste en dúas liñas de axuda: unha dotada de 25.000 para “completar” o plan autonómico “para que chegue ao 100% dos hostaleiros de Mos”, e outra dotada con 75.000 euros que se repartirán en axudas de 1.000 euros para cada un dos 75 establecementos do municipio.

A alcaldesa insistiu “na vontade de apoiar aos negocios hostaleiros con este novo plan e darlles un pulo para lograr saír desta crise derivada da COVID-19, -que en Mos se acrecenta con esta situación de nivel máximo que estamos a vivir-, e tentar recuperarse deste novo varapalo que voltan a sufrir co peche das súas portas ao público desde o sábado”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad