Os nen@s de 4 a 12 anos poderán desfrutar dos campamentos de verán “Días de Feira” os meses de xullo e agosto
O Concello de Salvaterra de Miño presenta o campamento de conciliación familiar para os meses de xullo e agosto de 2021.
Despois deste último ano tan difícil a nivel sanitario, onde os máis cativos nos deron unha lección moi importante á hora de adaptarse e cumprir as normas sanitarias, e unha vez que as mesmas restricións se están flexibilizando, o Concello de Salvaterra, tal e como viña facendo nos últimos anos, cunha aposta clara e comprometida ante a conciliación familiar, presenta o seu campus de verán, baixo o lema “Días de Feira”.
Amplíase o horario ofertando nos anos anteriores con aula matinal e comedor, ademais darase prioridade as familias monoparentais e onde os dous pais estean traballando.
Este ano debido as obras que se realizarán en verán no CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón, o campus de verán trasladarase ao CEIP de Leirado, coa finalidade de buscar un espazo que se adapte as necesidades e realidade da situación sanitaria.
O Campus está destinado a nen@s de entre 4 e 12 anos, os meses de xullo e agosto, en horario de 8.45 a 14.15 h. Ademais este ano ofertarase tamén o servizo de aula matinal dende as 7.30 h e comedor ata as 16.00 h, co cal o campus de verán ofertaría un horario global de 7.30 a 16.00 h, para os nenos e nenas nados entre os anos 2009 e 2017, co fin de axudar na conciliación da vida familiar e laboral, unha liña de traballo na que este Concello ven traballando dende hai moitos anos.
A selección será por orde de entrada en rexistro como todos os anos e terán prioridade os nen@s cuxos pais traballen nese horario e familias monoparentais.
As inscricións estarán abertas do 3 ao 17 de xuño e poderán descargarse desde a páxina web. gal ou vir a por elas ao Concello; é moi importante ler as bases e achegar a documentación necesaria.
Máis información non Concello de Salvaterra de Miño ou en http://www.concellodesalvaterra.com