Redacción 27/05/2021

Os nen@s de 4 a 12 anos poderán desfrutar dos campamentos de verán “Días de Feira” os meses de xullo e agosto

O Concello de Salvaterra de Miño presenta o campamento de conciliación familiar para os meses de xullo e agosto de 2021.

Despois deste último ano tan difícil a nivel sanitario, onde os máis cativos nos deron unha lección moi importante á hora de adaptarse e cumprir as normas sanitarias, e unha vez que as mesmas restricións se están flexibilizando, o Concello de Salvaterra, tal e como viña facendo nos últimos anos, cunha aposta clara e comprometida ante a conciliación familiar, presenta o seu campus de verán, baixo o lema “Días de Feira”.

Amplíase o horario ofertando nos anos anteriores con  aula matinal e comedor, ademais darase prioridade as familias monoparentais e onde os dous pais estean traballando.

Este ano debido as obras que se realizarán en verán no CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón, o campus de verán   trasladarase ao CEIP de Leirado, coa finalidade de buscar un espazo que se adapte as necesidades e realidade da situación sanitaria.

O Campus está destinado a nen@s de entre 4 e 12 anos, os meses de xullo e agosto, en horario de 8.45 a 14.15 h. Ademais este ano ofertarase tamén o servizo de aula matinal dende as 7.30 h e comedor ata as 16.00 h, co cal o  campus de verán ofertaría un horario global de 7.30 a 16.00 h, para os nenos e nenas nados entre os anos 2009 e 2017, co fin de axudar na conciliación da vida familiar e laboral, unha liña de traballo na que este Concello ven traballando dende hai moitos anos.

A selección será por orde de entrada en rexistro como todos os anos e terán prioridade os nen@s cuxos pais traballen nese horario e familias monoparentais.

As inscricións estarán abertas do 3 ao 17 de xuño e poderán descargarse desde a páxina web. gal ou vir a por elas ao Concello; é moi importante ler as bases e achegar a documentación necesaria.

Máis información non Concello de Salvaterra de Miño ou en http://www.concellodesalvaterra.com

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad