Redacción 27/05/2021

O chamado Plan de Mellora de Camiños suporá a reposición do pavimento en 5 viais municipais, que suman máis de 3 quilómetros de lonxitude.

Representantes do Concello de Mos visitaron alcaldesa de Mos visitaron está mañá a primeira xornada de traballos na obra de mellora da pavimentación no Camiño de Couso. Estas obras hoxe iniciadas forman parte dun Plan Municipal de Mellora da Pavimentación en Camiños financiado con fondos propios. O proxecto inclúe os camiños de Xaberga (Pereiras), Mosqueira (Guizán), Piñeiro (Louredo), Couso (Pereiras) e Pardellas (Cela), que se desglosarán en dous lotes por proximidade xeográfica.

O lote 1 inclúe os camiños Mosqueira (Guizán) e Piñeiro (Louredo) e o lote 2 os camiños Xaberga (Pereiras), Couso (Pereiras) e Pardellas (Cela). A inversión total que fará o Concello de Mos nestas melloras ascende a 231.611,70 euros. O Camiño Mosqueira (Guizán) ten unha lonxitude de 271 metros e un ancho medio de 5 metros, o Camiño Piñeiro (Louredo) unha lonxitude de 488,50 metros e un ancho medio de 5 metros, o Camiño Xaberga (Pereiras) unha lonxitude de 538 metros e un ancho medio de 6 metros, o Camiño de Couso (Pereiras) unha lonxitude de 775 metros e un ancho medio de 5 metros e o Camiño de Pardellas (Cela), unha lonxitude de 1001 metros e un ancho medio de 5 metros.

En total, máis de 3 quilómetros de viais serán asfaltados. Estímase un prazo aproximado para execución da totalidade das obras de 15 semanas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad