Redacción 27/05/2021

Punto de lectura en Arantei

O Concello de Salvaterra de Miño en colaboración coa Asociación de veciñas e e veciños de Arantei pon en funcionamento un punto de lectura e de intercambio de libros, no que era a antiga escola da parroquia, que foi rehabilitada nos últimos anos polo Concello, e que agora mesmo é a sede desta Asociación.

Con esta actuación en conxunto o que se busca é achegar a lectura ás parroquias.

Este espazo estará xestionado pola Asociación coa doazón de libros por parte da Biblioteca Municipal e de diversos veciños e veciñas, xa que todos aqueles que queiran poderán intercambiar ou simplemente doar aqueles libros que xa non utilicen, para que outros poidan desfrutar dos mesmos.

Este punto de lectura está situado na planta baixa deste edificio tan emblemático para a parroquia, que foi adquirido polo Concello e adaptado a edificio escolar coa cooperación do pobo, datada no ano 1929, e que fai un par de anos foi rehabilitado polo Concello para darlle un uso social.

Estará aberto polas tardes os luns, mércores e venres de 18.00 a 21.00h.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad