Redacción 21/05/2021

Ecoloxistas en Acción alerta de que a concentración máxima reflictida nas mostraxes da Confederación Hidrográfica Miño-Sil alcanzan valores de 29,48 µg/l cando o limiar por afección á saúde marcado por lei é de 0,04 µg/l. A organización ecoloxista critica a pasividade do goberno do Porriño fronte a este “desastre ambiental e de saúde pública”.

 

No informe das mostraxes realizadas pola órgano rector da cunca Miño-Sil se rexistraron 296 positivos por concentración de lindano nas augas superficiais e 80 positivos máis nas sondaxes das augas subterraneas.  Dos 296 positivos rexistrados nas augas superficiais 28 superan o limiar permitido atopándose índices de concentracións de até máis de 10 veces maior. Nas augas subterráneas rexitraronse 23 incumplimentos cuns valores de concentración máximos que superan 739 veces o limiar permitido.

A organización ecoloxistas alerta da gravidade destas altas concentracións dun composto altamente tóxico como o lindano nas augas subterráneas no baixo Miño. Lembran que a meirande parte da poboación das comarcas afectadas se abastecen de auga de pozo particular ou de mananciais de traídas de augas comunais e que en ambos casos se nutren das augas do subsolo.

Eloy Pérez, voceiro de Ecoloxistas en Acción e membro da Plataforma Antilindano da Louriña, denuncia a “pasividade das administracións durante décadas cando eran coñecedoras do alcance da contaminación por lindano na Louriña”. Sinalan como mostra da desidia das administracións que a Xunta de Galicia anunciou o ano pasado que faría públicos as análises das zonas de Torneiros máis contaminadas e un ano despois seguemos descoñecendo os resultados. Estas análises aos que o Goberno galego “xa se comprometera hai 40 anos a realizar cando daquela contratara a empresa de sondaxe Geocipsa”.

Desde Ecoloxistas en Acción tamén culpan ao goberno local de Porriño de pasividade ante este desastre ambiental e de saúde pública. Na última comisión municipal do lindano, na que se incorporou esta organización como membro, pediron a participación da corporación local no programa europeo Lindanet no que se están buscando solucións para unha actuación global de descontaminación. Porén, resaltan que esta mesma semana houbo otra reunión deste programa europeo sen presencia de ningún representante do concello do Porriño.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad