Redacción 20/05/2021

O Balonmán Tui será o anfitrión e buscará subir de categoría

O novo pavillón deportivo de Tui acolle esta fin de semana a Final Four de Balonmán na que os equipos senior masculino do club Balonmán Tui, o BM Lucus parrillada Abel, o Balonmán Línea 21 e o Balonmán Chapela buscarán o ascenso a Primeira Autonómica.

Este mediodía presentouse a proba na casa do concello por parte do concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, a deputada de Medio Ambiente, Iria Lamas, o vicepresidente e a presidenta do Comité de Apelación da Federación Galega de Balonmán, Fernando Mosquera e Laura Solla, o presidente e vicepresidente do Club Balonmán Tui, Pablo Rodríguez e Manuel Pons e o capitán do equipo sénior masculino, Pablo Domínguez.

O concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, deixou constancia na presentación do compromiso e apoio do Concello de Tui co deporte. Agradecía o edil que esta Final Four se poida celebrar en Tui, e convidaba a acudir ao pavillón esta fin de semana. Desexaba sorte ao Balonmán Tui para lograr o ascenso de categoría.

Laura Solla, presidenta do Comité de Apelación da Federación Galega de Balonmán, explicaba que a Final Four é un formato que vén para quedarse polos bos resultados que está obtendo, xa que “lle da moito interese a competición, deixa a emoción até o final e sobre todo crea entre todos os xogadores que participan nela uns vínculos importantes e capacidade de asumir un tipo de competición diferente, con convivencia e cuns valores que fomentan cousas novas”. Tamén destacou o papel dos clubs, das administracións e da federación facilitando o regreso do balonmán e do deporte en pandemia, porque o “traballo deixou patente que o deporte non é nunca o problema, senón unha parte da solución e da saúde dos rapaces tanto física coma mental”.

O presidente do Balonmán Tui, Pablo Rodríguez, agradeceu ás administracións e en especial ao concello o seu compromiso e aposta por traer esta Final Four para Tui, así coma á Federación Galega polo apoio brindando aos clubs. Destacaba coma chegar a esta loita polo ascenso ten moito mérito e valor tras un ano moi difícil. Salientaba que esta fin de semana vai ser a festa do balonmán en Tui.

Pola súa parte a deputada Iria Lamas destacaba o apoio da Deputación ao deporte. Agradecía aos clubs todo o esforzo realizado neste ano de pandemia. Tamén indicaba, que máis aló do ámbito deportivo, esta competición permitirá dar a coñecer Tui, salientando as repercusións positivas no turismo e na dinamización económica.

A cita será no novo pavillón municipal que acollerá o sábado ás 18 h a primeira semifinal entre o Balonmán Tui e o BM Lucus Parrillada Abel, e ás 20.15 h a segunda semifinal entre o Balonmán Línea 21 e o Balonmán Chapela.

O domingo ás 12 h xogaranse o 3º e 4º posto, e a final será o domingo ás 17 h.

O público poderá asistir reservando a súa entrada de forma gratuíta a través de www.cluber.es. No pavillón contarase con todas as medidas de seguridade.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad