O voceiro provincial, Román González, sinala que, “a sinatura deste convenio non fai máis que darlle continuidade e consolidar a perda de poder adquisitivo levada a cabo sistemáticamente ao longo da última década, precariza a contratación temporal, e vai en contra das políticas que queremos levar a cabo dende o noso partido”.
A executiva provincial de Podemos “manifesta o seu máis rotundo apoio as traballadoras e traballadores do sector do metal” da provincia de Pontevedra trala sinatura estes últimos días do convenio colectivo do sector para os anos 2020, 2021 e 2022. Este convenio é entendido pola formación morada como un atraso nos dereitos laborais de todo o sector, e opinan que suporá, no eido económico, a consolidación da perda de poder adquisitivo levada a cabo durante a última década.
Contratiamente ao “que Podemos defende nas súas políticas”, este acordo profundiza na precarización das traballadoras e traballadores eventuais. Sinalan tamén, que non poden estar dacordo coa sinatura dun convenio no que, non se ratifica nunha asamblea de traballadoras e traballadores. Roman González sinalou estes días que “a sinatura deste convenio non fai máis que darlle continuidade a consolidación da perda de poder adquisitivo levada a cabo sistematicamente ao longo da última década no sector, e precariza a contratación temporal, algo que vai en contra das políticas que queremos levar a cabo dende o noso partido”. “Por suposto, cando dito acordo non se ratificou nunha asamblea de traballadoras e traballadores, nunca poderemos estar dacordo, xa que entendemos que a soberanía para tomar este tipo de decisións, correspóndelle a todo o conxunto das traballadoras e dos traballadores”, finaliza o voceiro.