Redacción 29/04/2021

Ecoloxistas en Acción presenta o informe Cambios nos usos do transporte público provocados pola pandemia, resultado da investigación realizada en colaboración coa cooperativa Andaira. O informe, do mesmo xeito que outros estudos realizados recentemente, destaca que o transporte público colectivo perdeu case o 40 % dos viaxeiros/as, debido fundamentalmente á inseguridade percibida por acódelas usuarias.

 

Segundo o informe elaborado por Ecoloxistas en Acción, no caso de Vigo, un 46 % da poboación reduciu o uso do transporte público. No caso de Vitrasa, o ano saldouse con 9,5 millóns de vaixeiros menos. En canto ao transporte marítimo de Ría, baixaron nun 40 % as persoas usuarias do servizo entre Vigo e Cangas. Máis da metade das persoas utilizaría máis o transporte público se se implementaran medidas de seguridade sanitaria.

Ecoloxistas en Acción sinala no seu informe que a pandemia provocada pola COVID-19 produciu un cambio na mobilidade urbana. De xeito positivo incrementaronse de forma significativa os desprazamentos a pé. Pero pola contra o uso do transporte público colectivo reduciuse case nun 46 % en Vigo e aumentou o uso do vehículo particular para desprazamentos vinculados con actividades obrigadas.

O informe reflicte que a percepción do risco sanitário no uso do transporte público segue sendo elevada. Segundo a enquisa realizada por Andaira para Ecoloxistas en Acción, a cidadanía viguesa denuncia aglomeracións e exceso de capacidade no transporte urbano, a miudo con viaxeiras de pé ou sen gardar as distancias de seguridade. A organización ecoloxista demanda ao Concello de Vigo que se aumente as frecuencias so servizo de autobús urbano para remediar esta situación e que os/as usuarias recobren a confianza.

Segundo o informe máis da metade das persoas utilizaría máis o transporte público se se implementaran medidas de seguridade sanitaria, como deixar espazos e asentos inutilizados para non sentarche á beira doutras persoas, desinfectar e limpar máis os vehículos, mostrar de forma visible nos vehículos os rexistros de limpeza, reforzar a ventilación e reducir a calefacción, e aumentar a frecuencia para que os vehículos vaian menos cheos. Así mesmo, de forma maioritaria demándase a implementación de medidas de seguridade de forma coordinada e racional, para evitar mensaxes e instrucións contraditorias, que, ademais de ser pouco eficaces, incrementan a sensación de inseguridade.

Unha inseguridade percibida como cotiá pola cidadanía viguesa que ve como os tradicionais problemas de transporte público víronse agravados pola pandemia, ante a escaseza de frecuencias e falta de liñas necesarias, por exemplo coas parroquias do rural. Vivíronse escenas de amoreamentos que foron denunciadas ante a policía local. A falta de reforzo en horas puntas traducirse en autobuses repletos en determinados horarios, provocando imaxes que, sen dúbida, non axudaron a infundir confianza na cidadanía sobre a seguridade do transporte público. Sinalan desde Ecoloistas en Acción que o Concello tamén fixo deixación de funcións, xa que en troques de pedir responsabilidades á empresa, premiouna coa prórroga unilateral do contrato, sen recibir contrapartidas en forma de melloras do servizo.

O informe tamén constata que o metro percíbese como o medio de transporte máis inseguro (42 %), seguido do tren ou tranvía (35 %), autobús (24 %). A inseguridade sanitaria condiciona o uso que se fai da cidade: un 84 % das persoas modificaron a pauta respecto de visitar amigos/as e familiares, lecer, deporte ou visitar outras zonas da cidade, por evitar utilizar o transporte público. No caso dos desprazamentos por traballo ou estudos un 55 % modificaron as súas pautas. Os homes alteraron en menor medida que as mulleres os diferentes usos contemplados da cidade. As mulleres deixaron de asistir ao seu centro de traballo ou estudos, se tiña a opción de facelo, e por evitar o transporte público, nun 15,9 % máis que os homes.

A pandemia déixanos cambios relevantes na mobilidade, no uso da cidade, e na intención de boa parte da poboación por recuperar modos de desprazamento máis sustentables: o 79 % das persoas enquisadas expresan a súa intención de aumentar os desprazamentos camiñando, un 28 % mostra intención de aumentar o uso da bicicleta. Un 36 % manifesta ter intención de usar máis no futuro o transporte público. Con todo, case un terzo da mostra declara que tratará de usar con maior frecuencia o coche particular.

A covid-19 non pode deixar secuelas en forma de caída do transporte público. Por iso, Ecolxistas en Acción sinala que Vigo ten que apostar por outro modelo de mobilidade, no que os coches cedan paso ao transporte colectivo, a bicicleta e os peóns. Indican que é imprescindible incrementar os carrís bici, fomentar a intermodalidade e apostar dunha vez por un transporte público a escala metropolitana.

A emerxencia climática, así como a urxencia por reducir os niveis de contaminación das nosas cidades, esixen a posta en marcha de medidas efectivas para garantir a seguridade sanitaria no transporte público, e incrementar así o seu uso. Vigo ten que formar parte dese cambio.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad