Redacción 29/04/2021

A nova proposta cultural da Sala Rebullón terá lugar este sábado día 1 de maio ás 13 h.

 

As Efémeras son artistas e activistas culturais de Redondela, comprometidos coa ecoloxía, a cultura e a fala do país. E aínda que naceron e gostaeon moito do palco pequeno, estan sobradamente preparadas para o palco grande, como demostramos desde a nosa estrea no verán 2020. Recén saídos do confinamento, organizan, nos palcos das parroquias, a xira de ensaios “Okupando os palcos”.

Estas artistas fan música “para escoitar, danzar e reflexionar; música comunitaria”. Representan a inspiración poética e política de quilómetro cero: desde Redondela para o mundo. As súas letras, de intelixencia racional e emocional, crean composicións novas e frescas con inspiración nas músicas populares de Galiza, Portugal, Europa e América. Musicas lixeiras e contundentes, bailables, que dan que pensar.

No disco aparecen os seus temas máis celebrados, como “Namorare”, un paseo por oito das trece parroquias de Redondela, co amor como fío condutor, ou “Chora o mar”, un alegato contra a contaminación, da terra e do mar, e un chamado a un novo mundo, máis respectuoso co medio ambiente, e do que temos un precioso videoclip obra do OlihconH.

Todos os concertos son en sesión vermú, a partir das 13h, e con reserva previa, xa que todos os lugares teñen a capacidade limitada por mor das circunstancias sanitarias. As reservas pódense facer no CSCD As Pedriñas e Casa Gallardo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad