Redacción 24/04/2021

A Rede de Cidades e Vilas de Excelência procura un compromiso práctico de calificación das localidades, dos territorios e das súas dinámicas socioculturais e económicas co obxectivo de estimular a rexeneración dos tecidos urbanos ou periurbanos, do ambiente urbano, da empregabilidade local e do turismo. A atribuición da Bandeira da Rede de Cidades e Vilas de Excelência á fronteiriza vila de Valença acordouse polas práticas innovadoras nos eixos da Rexeneración e Vitalidade Urbana e Turismo.

 

A Rede de Cidades e Vilas de Excelência atribuíu este semana a bandeira “Cidade de Excelência – Nível IV”, como recoñecemento público do meritorio traballo que esta localidade leva desenvolvendo nos últimos tempos. Os fundamentos para tal recoñecemento están ligados ao grao de evolución da implementación do Plano de Ação Local (PAL) proposto polo Município de Valença, que lle consegue a adesión a esta rede incidindo nos eixos “Cidade ou Vila de Rexeneración e Vitalidade Urbana” e “Cidade ou Vila turística”.

O goberno local izou as últimas bandeiras por ter atinxido o nivel de execución dos proxectos definido no referido PAL. Trala avaliación do equipo externo da RCVE, foi atinxido o grao de implementación deses proxectos que permite así ao municipio acadar o nivel seguinte, e ademais é unha das primeiras vilas en izar esta bandeira.

Trabalhar em Rede é, di o Concello de Valença, un modo de crecer xuntos, de ampliar coñecementos e partillar vontades e innovación. “Nun tempo de desafios enormes na resiliencia dos territorios, cremos que esta é un dos camiños para atinxir obxectivos máis rápidos e con menores custos. Rede é facer máis con menos”, engaden.

Cómpre sinalar que esta Rede de Cidades e Vilas de Excelência é un proxecto iniciado en 2013 polo Instituto de Cidades e Vilas com Mobilidade ICVM, co obxectivo de acompañar o traballo dos municipios portugueses. Coa ollada posta na calidade de vida dos seus veciños, esta rede de case 50 municipios pretende traballar o presente coa intención de acadar “un futuro de excelencia”. 

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad