Redacción 25/04/2021

Ofreceu unha charla en Mos que contou coa participación das direcivas das comunidades de montes daquel e outros concellos da comarca. Cualifica a moratoria do eucalipto anunciada pola Xunta coma “un convite a que todo o mundo se poña a plantalo antes de que o impidan”.

 

A deputada María González Albert, portavoz do BNG na Comisión de Montes do Parlamento Galego, ofreceu unha charla no Pazo de Mos sobre “a defensa do monte galego fronte á nova Lei de Montes”. Durante o debate sobre o novo Plan Forestal, aprobado no mes de febreiro cos únicos votos a favor do PP, a deputada denunciou que o goberno de Feixóo “pon os montes galegos en mans da industria do eucalipto e hipoteca o noso futuro para sempre”, unha idea que reiterou ante os membros das directivas das comunidades de montes de Mos e doutros concellos da comarca. O concelleiro nacionalista Gustavo Barcia exerceu de presentador nun acto que foi retransmitido en directo a través das redes sociais.

O coloquio aberto trala charla serviu para poñer en evidencia o malestar de boa parte do sector coa nova normativa impulsada polo Partido Popular, que en opinión dalgunhas das persoas que interviñeron “esquece a realidade do monte veciñal”. González Albert explicou o modelo alternativo do BNG e defendeu a necesidade de “apostar por unha explotación multifuncional do monte, onde teñan cabida os usos agrícolas e gandeiros”. Unha parte do problema, na súa opinión, reside en que “planifican o ordenamento do monte dende a cidade e aproban leis pensando nos propietarios que viven afastados do medio rural”. Por outra parte, fixo un chamamento á organización das comunidades de montes para defenderse dos ataques da xunta, que “non entende ou fai que non entende o modelo colectivo de propiedade que temos en Galiza”.

A eucaliptización do monte galego acelerouse nos últimos anos. De acordo cos cálculos máis cautelosos, tal como indicou a deputada, “ocupa actualmente unhas 600.000 hectáreas e en poucos anos chegará ás 700.000”. O novo Plan Forestal contempla unha moratoria da plantación de eucalipto que, na súa opinión, “é un convite a que todo o mundo se poña a plantar de forma masiva antes de que o impidan”. As consecuencias desta decisión, segundo a deputada, sufrirémolas “dentro de dez ou quince anos, cando chegue o momento da corta e o prezo da madeira se afunda”. O BNG xa advertiu en reiteradas ocasións que a actual política forestal só beneficia á gran industria pasteira e madeireira, prexudicando de forma directa aos pequenos propietarios e ás comunidades de montes.

 

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad