Redacción 02/04/2021

A axuda a este imparábel atleta foi aprobada no Pleno Ordinario do presente mes de marzo. O clube ao que pertence, o Club Natación Mos, é tamén perceptor de axuda municipal anual.

 

O Pleno do Concello de Mos aprobou o pasado luns, 29 de marzo, pola unanimidade de todos os grupos políticos, conceder unha subvención nominativa para o presente ano 2021 ao nadador do Club Natación Mos, Juan Ferrón. Ferrón é un deportista imparábel que nas últimas semanas fixo varios podios e trouxo medallas para Mos. A meteórica traxectoria de Juan inclúe novos títulos como o de Campión de España por Comunidades Autónomas en 200 mariposa e récord de España Absoluto S13 – 2:24:12, 100 libre – Mellor Marca Persoal con 58.42; e o de Subcampión de España AXA de Promesas Paralímpicas. 

Entre outros dos seus logros deportivos, Juan Ferrón foi preseleccionado para os Xogos Paralímpicos en febreiro de 2020, proclamouse Campión de España de Natación Adaptada en 100 metros Libre e Bolboreta en novembro de 2019, despuntou na World Paralimpic Series de Berlín, competición de Natación Adaptada, en xullo de 2019; e un longo etcétera de logros deportivos.  Por este motivo, desde o Concello de Mos se lle considera merecedor dunha axuda económica municipal deportiva, para apoialo no desenvolvemento da súa actividade. 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad