Redacción 02/04/2021

Leva por título ‘Activa – mos – nos’ e o prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns. Constará de dúas horas semanais, no paseo do Louro, por 7 euros ao mes.

 

O Concello de Mos anunciou o inicio do novo programa municipal ‘Activa – mos – nos’ de actividade física para maiores que se impartirá en grupos de 4 persoas con monitor deportivo cumplindo con todas as medidas anti Covid-19. O programa terá unha duración de 3 meses, de abril a xuño, contando con 2 sesións á semana de 1 hora de duración. Haberá opcións de horarios a elixir desde as 9:30 horas da mañá ata as 19:30 horas da tarde e as sesión impartiranse ao aire libre, no sendeiro do Río Louro. O prezo será de 7 euros por persoa participante ao mes. 

O prazo de inscrición comezará o vindeiro luns 5 de abril e prolongarase ata o 9 de abril presencialmente na Piscina Municipal ou tamén chamando por teléfono á propia Piscina (986 334 070) en horario de 8:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. 

A situación que a pandemia, os confinamentos e as medidas adoitadas están a ter repercusións en todos os estratos sociais e grupos de idade. Concretamente para os adultos maiores, ao seren o grupo de idade ao que máis afecta o virus e no que as consecuencias de contaxiarse son máis nocivas, as restricións de contacto social implicaron que deixaran de realizar esa actividade física tan necesaria para eles. 

No Concello de Mos un 19’2% da poboación ten máis de 65 anos e o crecemento natural no municipio foi negativo no ano 2019, con 57 defuncións máis que nacementos. Estes datos amosan a tendencia a o avellentamento da poboación da vila, facéndose cada vez máis necesaria a implementación de recursos e programas específicos para os adultos maiores, impulsados dende diferentes áreas da administración local. Tanto a Concellería de Benestar Social como a de Deportes cren na necesidade de ofrecerlle aos nosos maiores diferentes actividades nas que o deporte e o exercicio físico sexan o núcleo fundamental. O avelllentamento activo, procura aumentar a calidade de vida deste sector da poboación, proporcionando aos suxeitos beneficios de carácter físico, mental e social.

Desde o Concello de Mos vimos ofertando durante os últimos anos, diferentes actividades deportivas aos adultos maiores, dentro do programa “Exercítate”. Este programa paralizouse debido as medidas adoptadas polas administracións para controlar a pandemia do covid 19. O proxecto que presentamos tenta por una lado que os adultos maiores, principalmente os anteriores usuarios de “Exercítate”, recuperen o seu nivel de actividade física anterior a pandemia, e por outro reactivar pouco a pouco a actividade deportiva do Concello, entendendo esta como as actividades que ofertamos. 

Os obxectivos deste novo programa deportivo para maiores son atender á demanda de Actividade Física titorizada dos maiores da vila. Os monitores deportivos do Concello puxéronse en contacto cos usuarios do programa “Exercítate” mediante chamada telefónica. (Todas as persoas contactadas expresaron o seu desexo de volver a realizar actividade física de algún tipo). Retomar o contacto cos usuarios do programa “Exercítate”. Durante as chamadas realizadas as persoas contactadas dixeron botar en falta as actividades nas que participaban no programa “Exercítate”. Recuperar as interaccións sociais xa creadas. As persoas contactadas expresaban tamén botar en falta as relacións e os momentos de lecer asociados as actividades ofertadas polo concello. Tanto durante a realización das mesas coma nos momentos previos e posteriores. Aproveitar os espazos útiles para realizar actividade física na contorna do concello. O Paseo do río Louro, coas dúas áreas de elementos de actividade física saudable, e o parque da Pesqueira, conforman un marco idóneo para a realización de deporte e exercicio físico ao aire libre. 

Os destinatarios do programa son maiores de 60 ou de 55 anos no caso de que sexan pensionistas. Fundamentalmente usuarios do programa “Exercítate”. As sesións de actividade física serán impartidas polos monitores deportivos do Concello. O Concello de Mos conta na súa plantilla con 5 monitores deportivos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad