Redacción 28/03/2021

O acto celebrouse esta semana na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela coa presencia de Javier Guillén, Director de La Vuelta, Alfonso Rueda, Vicepresidente Primeiro e Conselleiro de Turismo, Óscar Pereiro e a alcaldesa de Mos.

 

Esta semana foron presentadas oficialmente na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela as etapas de La Vuelta 21 en Galicia. No acto participaron representantes da Xunta, a alcaldesa de Mos e o ciclista mosense Óscar Pereiro, único galego gañador dun Tour de Francia. Pereiro foi o encargado de dar os detalles da etapa 20, Sanxenxo-Mos, íntegramente deseñada por el e que será unha emboscada, un verdadeiro reto para os ciclistas, e un auténtico espectáculo para o público. 

As etapas galegas de La Vuelta 21 son etapa 19, de media montaña, o venres 3 de setembro, desde Tapia a Monforte de Lemos (187,8 km). A Etapa 20, de montaña, o sábado 4 de setembro de 2021 desde Sanxenxo a Mos (Castro de Herville-Cela, 173,6 km). A etapa 21, de contrarreloxo individual, o domingo 5 de setembro desde Padrón até Santiago de Compostela (33,7 km). 

O Castro de Herville, na parroquia de Cela, será o lugar no que reamatará a penúltima etapa da edición deste ano de La Vuelta Ciclista a España. O seu deseñador, artífice e autor, Óscar Pereiro, explicou que a etapa 20, Sanxenxo – Mos, Castro de Herville (Cela) “percorrerá 7 das 10 parroquias mosenses (cun tramo de 2 km ao 11,8% de desnivel) é trátase dunha etapa que deseñei con moito cariño e dándolle moitas voltas á cabeza para que fose especialmente bonita”. 

Oscar Pereiro ‘asitna’, deste xeito, o deseño do seu primeiro percorrido completo de La Vuelta, xa que o ano pasado interviu no deseño da etapa que partiu de Mos pero sen asumir a autoría da etapa completa. O Concello reslta “a importancia”, atopándonos en tempos de crise sanitaria da COVID-19, o aspecto do sinxelo acceso á etapa para os afeccionados que poderían fácilmente mirar a carreira a pé de estrada en tres puntos na mesma etapa. 

Esta penúltima etapa de La Vuelta terá lugar o vindeiro 4 de setembro e nela decidirase o campión de La Vuelta Ciclista a España a falla da contra reloxo en Santiago. Será unha etapa de 173,6 km con subidas e baixadas constantes e cinco portos curtos pero duros entre a Serra da Groba e a do Galiñeiro. Todos os ascensos coñecidos polos cicloturistas da zona e descoñecidos para a gran competición. Terá un final en alto e nos últimos 50 km non contará con nin un só quilómetro en chan, será un continuo subir e baixar.

O mosense Embaixador de La Vuelta salientou “a continuidade dos 5 portos, sen prácticamente terreo chan entre eles e máis de 3.000 metros de desnivel en 90 km; e o percorrido por estradas interiores”. “A maioría dos ascensos son subidas estreitas con pendentes duras. Unha emboscada. Unha etapa deseñada para facer dano os últimos 40 ou 50 km”, comenta, sobre a que foi unha ruta habitual de adestramento nos seus tempos de ciclista profesional. “A base de facer 400.000 km na miña vida por esas estradas e pasar 50.000 veces por ahí coñecín en profundidade esta zona pola que é difícil que alguén pase, se non o fai en bicicleta”. 

Óscar Pereiro trouxo o pasado novembro ao director de La Vuelta, Javier Guillén, a ver o percorrido e o propio Óscar declara que quedou, literalmente “flipado”. O de Mos asegura que Guillén non será o único e “o trazado sorprenderá, especialmente as dúas subidas finais porque hai que coñecelas”. Será a última etapa competitiva en liña da edición deste ano, sendo Concello protagonista da emblemática competición ciclista por segunda vez consecutiva. A última batalla corpo a corpo de La Vuelta 21 rematará en Mos, sendo a chegada mosense a penúltima etapa da competición, pero a última etapa competitiva en liña, polo que o vencedor decidirase en Mos case con total seguridade.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad