Redacción 28/03/2021

Con financiamento da Deputación, Mos asignará máis de 725.000 euros a ampliar a rede de saneamento en Petelos e Sanguiñeda, continuar a Humanización de Cela e mellorar varios camiños

 

O Concello de Mos informou esta semana da aprobación en Xunta de Goberno Local do Plan de Obras e Servizos do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra, así como a aceptación das bases da convocatoria na súa totalidade. Dentro deste Plan de Obras, o Concello de Mos acometerá traballos de ampliación da rede de saneamento, de mellora da seguridade viaria en varios camiños municipais e de continuación da Humanización de Cela. O orzamento total dos proxectos ascende a 725.112,36 euros.

Deste xeito a administración local mosense adheriuse á Liña 1 desta convocatoria para a inclusión de obras e saneamentos que son necesarios para mellorar os viais e servizos de saneamento do Concello de Mos. Así, na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada hoxe procedeuse á aprobación e solicitude dentro da Liña 1 de investimentos dunha subvención por importe de 137.866,65 euros co obxecto do financiamento do proxecto de ampliación da rede de saneamento integral do Concellos de Mos, nas parroquias de Sanguiñeda e Petelos, proxecto que tamén foi aprobado pola Xunta de Goberno.

A instalación de rede de saneamento na parroquia de Petelos acometerase no camiño do Cocho, camiño da Fontiña e camiño da Garabulla. As obras consisten na canalización das diferentes tuberías de PVC destinadas á rede de saneamento incluíndo todas as operacións complementarias: excavacións, pozos, reposicións, etc.

Na parroquia de Sanguiñeda beneficiarase da ampliación da rede de saneamento municipal o barrio de Amieirolongo. As obras consisten no bombeo e impulsión para dar saída á rede de saneamento existente e así completar dita rede e permitir que chegue ata un pozo en funcionamento. A canalización da impulsión realizarase mediante tubería de descarga común incluíndo todas as actuacións complementarias a esta: excavación de zanxa e reposicións.

Levarase a cabo a execución de 1.342,60 m de saneamento por gravidade en Petelos e 205,00 metros de impulsión en Sanguiñeda.

Por outra banda, e dentro da mesma Liña, aprobouse tamén esta mañá a subvención por importe de 435.801,90 euros co obxecto do financiamento do proxecto de humanización da estrada Generoso Domínguez desde o Camiño da Quinta ata a Igrexa de San Pedro de Cela; así como a aprobación do devandito proxecto.

O Concello de Mos cre necesario mellorar a seguridade do vial e humanizar a contorna na que é a segunda fase da Humanización de Cela (a primeira é entre a PO-331 e o Camiño da Quinta). Esta segunda fase inclúe a execución dunha nova beirarrúa na marxe esquerda (parte Norte do vial). A beirarrúa aumenta o ancho actual, duns 5 m, a 10 m previstos no plan. Con isto, conséguese non só aumentar a seguridade dos peóns, senón mellorar nalgúns puntos o trazado viario, e por tanto a seguridade do tramo. A actuación compleméntase cos muros e movementos de terra necesarios para ampliar a sección, e tamén con obras complementarias, como o deseño de nova iluminación eficiente, a adaptación da drenaxe, o soterramento das redes de servizo aéreas, a mellora da sinalización ou redutores físicos de velocidade, entre outras.

E por último hoxe procedeuse tamén á aprobación e solicitude dentro da Liña 1 dunha subvención por importe de 151.443,79 euros co obxecto do financiamento do proxecto de mellora na seguridade viaria de 2 camiños do Concello de Mos (Camiño Estrada Real Petelos-Sanguiñeda e Camiño de Cabezal en Torroso) así como a aprobación do documento redactado do proxecto.

A mellora da pavimentacion do Camiño de Cabezal, cunha lonxitude de 850 metros, comprenderá actuacións previas que inclúen o desbrozado lateral, limpeza de cunetas e noiros. E rehabilitación de firmes e pavimentos mediante regularización da capa de rodadura coa aplicación de 1 cm de asfalto que regularice as zonas que presentan unha maior fisuración do asfalto.

A mellora da seguridade viaria en Estrada Real, parroquias de Petelos e Sanguiñeda, cunha lonxitude de 1408 metros, comprenderá actuacións previas que inclúen o desbrozado lateral, limpeza de cunetas e noiros. E rehabilitación de firmes e pavimentos mediante regularización da capa de rodadura coa aplicación de 1 cm de asfalto que regularice as zonas que presentan unha maior fisuración do asfalto.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad